Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Colleitando música galega (IX): A Matraca Perversa  Correo-e
sábado, 31 de mayo do 2008

Image

Esta banda, na que a festa é paradigma do bo facer, creouse aló polos barrios populares composteláns. Dende aí, e doutros lugares do país coma o barrio de Vistalegre, o ferrolán de Caranza ou o concelo da Estrada, o único que ten en mente esta banda é armar troula por todo o país. Así, A Matraca Perversa ten contaxiado o seu espírito festeiro na Noite do Trasno, no Festival de Caldas, no Repercusión, no Fax, na Festa da Dorna, na Festa do Boi... e en moitas outras festas máis. A formación vai e vén, dende que aló polo 2002, grabara o primeiro cedé titulado “Mass Circus Media”. Para o 2005, o grupo xa tiña preparado o segundo, “Evolucionari@s”, contando xa con grandes do país como colaboradores como Uxía Pedreira ou Xurxo Souto, logo de entrar de cheo na panorama artístico participando moi activamente na loita contra o chapapote.

Buscando fusionar ritmos funky, pachanga ou rumba, sempre con mentes de crear e ofrecer unha música que reflicte os seus diferentes gustos e influencias, A Matraca Perversa trata de ser, ante todo, moi bailable. Entre as súas míticas cancións, podemos resaltar a cartea de entrada do programa da Radio Galega Aberto por reformas, que dirixe Xurxo Souto, e que soa cada día ás 16:05. A voz é a de Uxía Pedreira e a festa a pòñen os membros da Matraca.

Patricio Matraca cóntanos un pouco de que vai todo isto: “É a Matraca un enxendro conscente de que naceu para incordiar, molestar aos poderosos, denunciar as inxustizas sociais, o caciquismo, para chuspirlle na cara ao fascismo… é a Matraca unha parte mais dun colectivo social nacido entre A Estrada e os barrios populares de Vite, Vista Alegre, Caranza e que ante todo fai unha música para festexar, para pasalo ben, para reivindicar unha cultura.”Image

Xa andan aragllando un novo traballo, coa Mala Herba polo medio, como non podia ser doutro xeito. Continuarán co seu proxecto Mordecáns e co seu Son do Porto do Son, e seguramente voltarán participar no Apologhit 2008, logo de que o ano pasado a súa participación fose moi exitosa.

Máis información

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com