Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O Porto de Suso: Rufino Ramos  Correo-e
sábado, 31 de mayo do 2008

Marabillosamente é como se sinten os cen corvos que cada día, no solpor, visitan a Rufino Ramos. Rufino, críaos e tamén os entrena pra que falen, e a verdá é que o fai moi ben. E faino ben, non só polas máis de cincuenta palabras que aprende cada corvo, senón por que cada corvo fala distintas palabras dos outros. Cincomil palabras diferentes entre todos, fan da casa de Rufino, un dos centros de tertulia máis importantes de Corme.Image

Certo é, que o propio Rufino é quen de decirlle a cada corvo a palabra que ten que decir, e cando a ten que decir, polo que pra quen non sepa o conto, pensa que son os propios corvos os que, coma se dun cerebro común se tratara, conciben e executan a conversación. Nada máis lonxe da realidade, e aí Rufino aínda non foi quen de chegar a conseguir, o que o mismo Dios a día de hoxe tampouco conseguío. Non é pola falta de empeño, que día a día desde hai máis de corenta anos, Rufino intenta, como aquel neno, encher a auga do mar nun furadiño na area da praia.

Buscamos de moitas formas facer salir a Rufino da idea que aniñou dentro del, que todo nesta vida, se o deseas con forza se consigue. Non hai maneira de facer que abandone tal idea, e el, erre que erre, día si e día tamén, volveo a intentar. Pero mirade vos por donde, a fama de Rufino, empezou a estricarse por toda a bisbarra, chegando incluso o mismo Londres, e postos en contacto con él os da Embaixada Inglesa, decidiron becalo na misma Torre de Londres.

Calquera de vós sabe que a lenda dí que o día que eses corvos falten da Torre, a monarquía inglesa caerá. Tan pronto Ruifino de esto se enterou, negouse en redondo a coller nin barco nin avión, e, moito menos meterse nun tunel que vai por baixo do mar. Rufino, decidío quedar donde sempre estuvera, en Corme, e mirade vos por donde, que cando chegou de volta a casa, despois de estar na embaixada, os cen corvos estábano esperando, e coma se de un sólo cerebro se tratara, empezaron a falar con el,agradecendolle a lealtade e a decisión tomada, e que non os abandonase por uns corvos estranxeiros, e moitas mais cousas que ahora non veñen o caso , sin el decirlle nada. E así está desde aquela, mudo.

Ahora, cando alguén quere saber algo do que a él lle acontece, non ten mais ca ir a casa de Rufino o solpor, e os corvos son quen de falar o que Rufino está pensando, e así, Rufino de un día pra outro fíxose Dios.

Columnas anteriores

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com