Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Editorial: Voltan as mobilizacións contra o Plan Acuícola  Correo-e
sábado, 31 de mayo do 2008

Unha vez máis o mundo das piscifactorías volve á palestra. As plataformas contra o Plan Acuícola manifestáronse estes días con dureza ante o anuncio da Xunta de aprobar o devandito Plan en xuño. Ao mesmo tempo, dende a CIG comezan unha campaña co gallo de manter ben informados aos alcades da bisbarra sobre a política laboral da empresa concesionaria das piscifactorías, a norueguesa Stolt Sea Farm. Todo isto está a provocar que as Plataformas volvan a acción, e se é necesario revivir unhas Encrobas, revivirase.Image

Se dende a Consellería de Pesca seguen a sinalar a creación de postos de traballo de calidade como meirande beneficio do Plan, dende a CIG veñen denunciando dende hai tempo a política de acoso continuo para cos traballadores que desenvolve a empresa norueguesa, na que se repiten os despedimentos por mera represalia contra a actividade sindical, ao máis puro estilo norteamericano. Os alcaldes de Muxía, Camariñas e Carnota mostráronse, sorprendentemente, moi receptivos ante as indicacións dos representantes sindicais, e apuntaron que tomarán medidas e que retirarán o seu apoio ás ampliacións das granxas de cadanseu concello se a empresa continúa con esta política laboral.

Outro dos puntos fortes desta batalla céntrase no eido ambiental. A Consellería de Medio Ambiente presentaba a súa Memoria Ambiental, que non fai máis que dar a razón aos millerios de alegacións presentadas en contra do Plan. A Unión Europea ademais de aconsellar a redución da demanda de auga e da afección paisaxística, recoñece que as piscifactorías poderían interferir sobre outras actividades económicas tan importantes na bisbarra, como son o marisqueo, pesca, agricultura e turismo, os verdadeiros motores da zona. A UE pregúntase tamén pola Rede Natura en zonas como Seiruga ou a Xandriña, pero esta denomincación semella que está de cara á galería.

Todo isto corre cara adiante mentres o TSXG ten adimitivo a trámite as alegacións presentadas en Quilma e Merexo. Por Merexo, ademais de lembrar esta falta de sensibilidade para coas institucións xudiciais, recordan os achádegos arqueológicos realizados na Punta da Urxeira, onde a administración non ten feito prospección algunha na zona co fin de catalogar o valor dos restos da Fortaleza.

Deste xeito, as mobilizacións volverán en breve e por Merexo, Quilmas, Seiruga ou Camelle xa recuperaron as pancartas e os bombos para comezar a expresar a súa disconformidade e mesmo repulsa contra o devandito Plan Acuícola. Comezarán tamén as protestas por Corcubión?

Novas relacionadas

Fonte

  • Columna realizada por Ubaldo Cerqueiro García para o semanario O Acontecer.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com