Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O recuncho da Costa (XXXII): Nemiña  Correo-e
sábado, 31 de mayo do 2008
Image

Visitamos esta fin de semana o concello de Muxía, e máis concretamente, a preciosa praia de Nemiña, a favorita dos surfistas da Costa da Morte. Disque as ondas deste recuncho son as máis fiables da zona, e por iso, cada sábado é moi fácil atopalos por alí, montados na táboa e na ola. Iso si, os rapaces do Clube de surf Os Tombos argallan cada certo tempo unha xornada de limpeza, como a que realizaban o pasado 3 de maio. Así a praia queda limpa, alomenos, por uns días, porque a día de onte xa había merda para dar e tomar.

Image

A enorme praia conta cun pequeno castro na marxe esquerda, mentres que pola dereita, servindo de fronteira natural entre os concellos de Muxía e Fisterra, atópase a desembocadura do río Castro, formando a preciosa ría de Lires, con lagoa e praiiñas agochadas incluidas. Cara a fronte, podemos ver nada menos que a praia de Mar do Rostro, outra das favoritas dos surfistas e dos amantes da tranquilidade. Ao carón da praia podemos parar a comer, parando polo restaurante Saburil, unha verdadeira marabilla onde os pratos típicos son os de aquí, onde se conservan tradicións redeiras e onde os cans viven coma reis.

Como chegar

Dende a estrada AC-552 que une Carbarllo e Fisterra, collemos o desvío cara Muxía que hai na recta de Lobelos, antes de chegar á entrada de Cee (non o de Berdoias, senón o seguinte indo cara Fisterra). Ao chegar ao cruce da Pereiriña temos que coller cara esquerda, cara o cabo Touriñán e cara Casa Valentín (o sinal máis grande). Un pouco máis adiante hai un cartel á esquerda que indica cara a praia de Nemiña, hai que estar atento, pero se o collemos xa non hai perda. E a disfrutar.

Novas relacionadasImage

Outros recunchos

Vídeos de Francisco Santiago lópez

Outros vídeos

Fonte

  • Redacción.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com