Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Stolt solicita permiso de vertedura 15 anos despois  Correo-e
lunes, 02 de junio do 2008

Xa van máis de 15 anos dende que a multinacional norueguesa Stolt Sea Farm aterrou na nosa bisbarra. 15 anos nos que leva cun sitema de augas aberto e sen depuración algunha. Un sistema, xa recriminado pola memoria ambiental da consellería de Medio Ambiente, publicada a semana pasada, e que leva vertindo sen control algún no noso litoral unha morea de materia orgánica (como aquela vertedura na praia de Corna Becerra de Quilmas do 1 de marzo de 2008) ou produtos químicos de limpeza e desinfección, como o hipoclorito sódico ou o formol.

Xa son varias as denuncias, non tantas como deberían ter sido, por suposto, pero a empresa tenta tomar agora cartas no asunto. O pasado 5 de maio de 208 presentaba un escrito perante Augas de Galicias, entidade dependente da consellería de Medio Ambie e Desenvolvemento Sostible da Xunta, polo que solicita autorización para a vertedura dun caudal máximo de 48.943.872 m3/ano de augas residuais industriais ao mar (cunca da Costa de A Coruña entre Corcubión e Muros) e de 1916,29 m3/ano de augas residuais fecais mediante filtración n o terreo procedentes dunha granxa de peixes planos asentada no lugar Quilmas, concello de Carnota. O mesmo ocorre coa granxa de Lira, para a que solicitan un caudal máximo de 138.758.400 m3/ano de augas residuais industriais e de 3.668,25 m3/ano de fecais. E aínda no sabemos que pasa noutros concellos. O asunto das fecais derívase das últimas instalacións de fosas sépticas nas granxas para a depuración das necesidades dos traballadores das plantas.Image

O documento faise público durante 20 días, co fin de que os que se consideren prexudicados poidan presentar as súas reclamacións. Así o descubriu Xosé Manuel Casais, presidente de Adega-Costa da Morte e da Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas, que asegurou que estaba no tablón de anuncios baixo outros escritos. Casais móstrase indignado que logo de 15 anos envelenando a costa a empresa solicite regularizar unha actividade ilegal.

Dende ADEGA aseguran que ningunha das 27 piscifactorías presentes no litoral galego contan con permiso de vertedura. Non quedan as aseveracións do colectivo ecoloxista, i é que segundo apuntan, as augas que botan directamente ao mar son 138 veces máis contaminantes que os mínimos legais permitidos.

Todo isto xa o saben a xustiza e a consellería de Pesca, que segue nas súas terce de aprobar o polémico Plan este mesmo mes. Xa hai preparadas varias manifestacións e o litoral galego non vai permitir que isto siga cara adiante. O 8 de xuño, en Santiago, os afectados polo Plan Acuícola uniranse aos que protestan pola planta de Reganosa en Mugardos, e por Quilmas, xa levaron onte, domingo 1 de xuño, por segunda vez, a loita ata as Illas Lobeiras.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com