Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Novidades futbolísticas por Carnota  Correo-e
lunes, 02 de junio do 2008

A actualidade deportiva está en Carnota. Dous temas andan abertos estos días polo concello, ambos relacionados co mundo do fútbol. Primeiramente falamos da U.D. Carnota, o histórico clube que está en momentos agridoces. logo de clasificacións do equipo para semifinais da Copa da Costa, todo un éxito para a entidade, celebrouse no campo unha xuntanza de socios no mesmo campo para tentar atopar un novo presidente perante a baixa do actual, Bautista, que non pode continuar á fronte do equipo.

Uns 25 socios quedaban logo do partido (outros moitos escaparon) para a reunión. Boas vibracións destiláronse da mesma, como nos conta un directivo do clube, Toni, que leva todo o ano traballando arreo para levalo adiante. Por Carnota, a idea era que ninguén se ía facer cargo deste fillo tonto, e que ata as últimas semanas de agosto non se ía perfilar a nova directiva. Pero non foi así. Apareceu a figura de Euloxio Franco, que abriu a boca e xa lle caeu o pastel. Euloxio, retirado logo de traballar motos anos no País Vasco e con pasado político, promete traballo pero asegura non ser o máis sabido de fútbol do mundo. Algo que non fai falla para nada, senón que o que o equipo precisa é unha persoa hornada e traballadora, e ambas características cúmpreas de sobra, segundo nos contan dende alí.

Predirectiva

Así, está medio feita xa unha predirectiva, como lle chaman por Carnota. Esta contará con Bautista, que se ben non quere seguir de presidente si que continuará ligado ao clube. Toni seguriá no clube, como non podía ser doutro xeito, e xa hai outros 2 ou 3 socios que apuntaron a súa disponibilidade para participar na organización da tempada que vén. E a ver se é verdade, porque dúas persoas non son suficientes para levar unha entidade completa. Así e todo, a xente ten moito que agradecerlle aos Toni e Bautista, que tanto teñen traballado polo clube. Este xoves 5 xuño hai unha nova reunión, na que se seguirá perfilando a nova directiva do clube.

ProdemarImage

Estes días falabamos con Chicho, presidente das escolas de fútbol Prodemar. Xa contabamos a semana pasada dos problemas económicos que sufriu a entidade ao longo desta tempada. Chicho recoñeceu os erros cometidos de falta de previsión e exceso de confianza e asume a responsabilidade, pero agora o que quere é conseguir darlle viabilidade ao proxecto e que siga para adiante.

A solución pasa polo concello, que xa ten asegurado que está interesada no proxecto. De feito dende o concello pretenden comezar cunhas escolas deportivas globais, e asumir o reto das escolas de fútbol, sempre da man de Prodemar, que continuaría patrocinando o clube, como nos aseguraba o responsable da empresa norueguesa en Lira. Normalmente o que falta son os cartos, e aquí é o único que hai, o que falta é a xestión, láisase Pablo, o responsable de Prodemar.

A casa polo tellado

Moita xente por Carnota que o proxecto das escolas de fútbol foi demasiado ambicioso. Partir cunhas facturas de material de 24.000 euros (!) quizais é demasiado, e máis se a metade do presuposto non está segurado. Así quedou o equipo en bancarrota cando a construtora Proyectalia retirou a media tempada os 25.000 euros que ían poñer enriba da mesa. Hai que comezar a casa por abaixo, que se di por alí.

Estamos a falar dun proxecto completo. Con adestradores cobrando, con cursos de adestrador pagos, con fichaxes de outros concellos, con material infinito... Un proxecto bonito, cun comezo terrible, que agardemos que o concello asuma e tire con el cara adiante.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com