doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Ponteceso clausura este venres as escolas deportivas de inverno  Correo-e
martes, 03 de junio do 2008

O Departamento de Deportes do Concello de Ponteceso organiza a clausura das Escolas Deportivas Municipais da tempada 2007/2008 para o venres día 6, de xuño a partir das 17 horas no pavillón municipal en Corme. As Escolas Deportivas Municipais agruparon a 236 rapazas e rapaces do concello, repartidos nas modalidades de judo, ximnasia rítmica, patinaxe artística, actividade predeportiva, psicomotricidade, baloncesto, fútbol sala, tenis, tenis de mesa e xadrez.

O programa da clausura inclúe exhibicións das escolas de patinaxe artística, ximnasia rítmica e judo; entrega de medallas ós distintos equipos que participaron nas competicións de deporte escolar, a actuación do Mimo Mago Anyo. Depois de todo esto os nenos e nenas poderán disfrutar dos distintos xogos que instalaremos na pista polideportiva no que non faltarán circuitos de psicomotricidade, tenis de mesa, badminton, indiakas, xogos populares, basket 3x3, balóns xigantes, xadrez, futbolíns, etc... Durante a xornada entregaranse regalos e refrescos para tod@s.

A organización porá a disposición dos participantes unha liña de bus gratuíto que sairá de Pazos ás 16:00h. e recorrerá as parroquias do municipio ata o pavillón municipal e regresará ao remate da clausura, ás 19:45 horas. O Concello de Ponteceso contará coa colaboración de Begano (Coca Cola), Policía Local, Asociación Veciñais, voluntarios/as, ademáis dos/as monitores/as das escolas deportivas. Con esta clausura dase por finalizada a programación de inverno para iniciar a de verán.

Galescola

Xa hai listaxe de admitidos para o curso 2008/2009 da Galescola de Ponteceso. Para os que forman parte da lista estáblécese o prazo de matrícula do 2 ao 13 de xuño ambos os dous incluídos. De non formalizarse a matrícula nas datas sinaladas enténdese que se renuncia á praza. A matrícula pode formalizarse nas instalacións da Galescola en horario de 8:30 a 13:00 horas.

Liga de Tenis

Un ano máis, Tucho gaña a Liga Municipal de Tenis que organiza o Departamento de Deportes do Concello de Ponteceso. A Liga rematou o xoves, no pavillón municipal de Corme coa final entre Tucho e Javier Martínez. O marcador do encontro foi un 2-6, 6-3 e 6-2, e aínda que Javier gañou o primeiro set, finalmente o partido, foi para Tucho.

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com