Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

As obras na igrexa de Santa María das Areas finalizarán a finais do verán  Correo-e
martes, 03 de junio do 2008

Hai dúas semanas que comezaron os traballos de restauración da igrexa de Santa María das Areas que impulsa a Xunta de Galicia con motivo da declaración de Fisterra como Patrimonio Europeo.

O proxecto encargarase da restauración do Santo Cristo, que xa está en Santiago nas dependencias dunha empresa especializada na materia. O atrio sufrirá tamén modificacións, pois se enlosará en pedra.

Tanto no interior coma no exterior da nave inclúense ademais tarefas de recuperación destinadas a solventar os problemas de humidades que ata o de agora sufría o inmoble. Ademais, a arcada do exterior será cuberta.Image

Campo da Resurreción

O campo contiguo á igrexa, onde o pobo fisterrán celebra todas as Semanas Santas o acto do domingo de Resurrección, ten proxectadas varias actuacións dentro deste mesmo proxecto. Se ata o de agora se montaba un altar temporal de madeira para o propio día de Pascua, agora xa non será necesario, pois se instalará un de pedra de xeito permanente. Asi mesmo, co obxecto de acotar ese mesmo escenario se cercará cunha valla en pedra, que servirá tamén como asento para os numerosos espectadores que asisten ao evento relixioso.

O tenente de alcalde, Santiago Ínsua, adiantou que as obras durarán entre tres e catro meses, polo que estarán rematados a finais de verán. O acondicionamento da zona comezou meses atrás co soterramento das liñas de alumeado público. Todas estas actuacións son financiadas pola Consellería de Cultura.

San Guillermo

Santiago Ínsua informou de que, logo de rematar o prazo de presentación de solicitudes para as escavacións na Ermida de San Guillermo, as obras serán adxudicadas a semana que vén. “Unha vez adxudicadas comezarán canto antes, xa que hai que aproveitar o bo tempo” do período estival.

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com