|
O alcalde de Mazaricos, José Manuel Santos Maneiro, fala estes días da situación do parque empresarial, que estaba chamado a ser un dos primeiros en abrir pero que se atopa en proceso de bloqueo. Segundo Santos Maneiro, o proxecto está pendente da aprobación do Plan de Sectorización, trámite do que descoñece a duración. Deste xeito o alcade non pode sinalar unha ata de apertura para o parque. Ata que urbanismo autorice, as empresas non poden chegar, xa que aínda non podemos sacar as parcelas, apuntaba o alcalde. As melloras nos accesos a área industrial do Val están rematadas e mesmo a estación depuradora xa está instalada. Son agora os trámites burocráticos os que manteñen a infraestrutura en pausa. Obxectivos deste mandato Santos Maneiro, tras 4 lexislaturas con maioría absoluta ten claros os obxectivos da corporación para estes anos, ademias do máis importante, a apretura do polígono empresarial: - Mellorar a imaxe do núcleo da Picota;
- Desenvolver o sector turístico, de feito, o concello está integrado dentro do Consorcio e Turismo da Costa da Morte. Para elo, preténdese crear rutas de sendeiismo e áreas de ocio en paraxes naturais, sendo este o turismo que se pode vender, con fervenzas impresionantes, por exemplo a de Nouveira;
- Mellora e mantemento das inraestruturas do sector gandeiro, o máis importante na zona.
Presupostos Os orzamentos para este 2008 xa están claros. O 75% do presuposto xa ten saída: investimento xa aprobado ou gasto de persoal. Este último apartado é o máis ocnflitivo en tanto que a oposición, votou en contra no último pleno. O gasto no persoal corresponde a un 35% do orzamento do concello. Fonte
|