Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A baixura non amarra  Correo-e
martes, 03 de junio do 2008

A situación do sector pesqueiro na bisbarra está de actualidade. Os indicativos sinalan que falamos do único sector en clara recesión na economía galega, e isto, para a nosa bisbarra non pode ser mirado con ollos de tranquilidade. As asociacións de armadores e a Confederación Española de Pesca (Cepesca) están a convocar protestas ao longo do estado, sendo en Galicia onde o seguimento debería ser maior pola incidencia do sector (o 60% dos barcos e suministros concéntranse en Galicia). Pero, aquí, cando o peto está en xogo, non imos xogarnos nadiña.

O alza do gasóleo é a protesta fundamental pero non a única e se cadra tampouco a máis importante. Nunha interesante entrevista en El País, o Presidente de la patronal de armadores palangreros, Francisco Portela, sinala que o meirande problema do sector pesqueiro é o sector loxístico. A distribución, e os márxenes de beneficios das empresas distribuidoras son moito maiores ás dos pescadores. Como é posible que estas regras do mercado permitan á distribución traballar con marxes do 300% cos nosos produtos?, pregúntase Portela.

Os armadores solicitan un plan de reaxuste da flota e consideran que o punto máis imporante é que só se venda o peixe legal. Para isto habería que establecer unha regulación do etiquetado, e que na lonxa e saiba que peixe estás a comprar.

SeguimentoImage

Así, o segumento do amarre na zona está sendo irregular, como nos apunta o secretario da confraría de Lira Emilio Louro, Milucho. A situación económica é mala, pero parar sería irnos a cero. A Federación Galega de Confrarías secundará o paro do día 30 de xuño, pero non a flota de baixura, i é que en Galicia, onde se trablla máis en artes menores e tradicionais, a situación non depende tanto do gasóleo. Así, 87,93% da flota de baixura de Galicia traballaba onte "con normalidade". En Lira, por exemplo, a flota está practicamente parada, porque o polvo está pechado, pero os percebeiros traballan con normalidade.

Con todo, a intención é que a partir do 10 de xuño, os 5.272 barcos da flota galega, de altura (van voltando de vagar) e baixura amarren

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com