|
A Memoria do Mar colleita unha morea de fotografías na Costa da Morte |
Correo-e
|
|
martes, 03 de junio do 2008 |
 O programa Memoria do Mar pasou pola nosa bisbarra para recoller imaxes antigas sobre o mundo mariñeiro. Que mellor zona que a nosa para amosar as belezas da costa galega. Así, os técnicos do Museo do Mar de Vigo colleitaron varios centos de fotografías nos portos da bisbarra. Laxe aportou máis de 200 instantáneas, que ademias reflicten o primeiro porto comercial que houbo na zona. Fisterra. Lira e Malpica tamén estiveron entre os 25 portos elixidos polo programa no que os fondos fotográficos familiares uilizaranse como fontes de documentación visual, convertíndose en referentes do patrimonio do mar en Galicia. Ademais, cada fotografía leva aparellada unha memoria oral, unha historia de vida que pode aportar vivencias, interpretacións dunha realidade que xustifican feitos obxectivos recollidos en traballos máis científicos. Unha preciosa inciativa que poderemos disfrutar en breve en Vigo e mais no Museo do Mar da Costa ad Morte de Laxe. Novas relacionadas Fonte
|