|
Baio, a capital do automóbil, acolle unha nova Feira do coche de ocasión |
Correo-e
|
|
martes, 03 de junio do 2008 |
|
Unha das feiras do automóbil máis importantes do país, celebra unha nova edición esta fin de semana. O sábado 7 e o domingo 8 de xuño, a vila zaense de baio encheráse de vehículos de todas a clases e cores, ata 500 coches de segunda man ou de ocasión contan dende a organización, para que toda a bisbarra poidamos ir botar un ollo e mirar se o peto permite levar algún para casa. Será unha fin de semana na que se espera, como cada ano, unha gran afulencia de público. A filosofía da feira permite que a compra. a venta e memos o trueque estén permitidos. Así que xa saben, vaian preparados para cambiar de coche. "A Capital do Automóbil" é unha creación de 5 empresarios da zona, e esta Feira do coche de ocasión en Baio é un paso máis na posta en valor de dita iniciativa, que cada ano ve como crece e crece progresivamente. Estamos ante unha boa razón para tildar de positiva a decisión de levar a ITV a un concello tan motorizado como Zas, e se cadra, as influencias políticas non sempre deciden. Máis información Fonte
|