Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Os maiores de Camariñas tamén teñen blog  Correo-e
martes, 03 de junio do 2008

Camariñas segue alfabetizándose. Da man do dinamizaor da Sociedade da Información, Óscar Clapés, as actividades arredor do mundo submariño da rede crecen. Pódense imaxinar aos maiores do concello facendo un blog? En Camariñas todo é posible. Ben coñecemos as comunidades creadas na rede camariñá, e agora serán os maiores os que se irán unindo cos seus novos blogues, entre os que podemos ver a Pepe da Cabreira, a Lola de Matilde a a Clara Palilleira, entre outros. É que os nomes son ben definitorios.

Así, o Concello de Camariñas, en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información, a través do seu dinamizador Óscar Clapés, co gallo do 17 de Maio: Día das Letras Galegas , Día de Internet e Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información vén de realizar do 19 ao 30 de Maio a actividade “Outros fíos na rede”, que consistiu na realización dun blogue feito por maiores de 60 anos onde contan as súas vivencias co encaixe como protagonista: O primeiro contacto co encaixe , as palilladas , o futuro do encaixe ... Unha arte que foi e é un dos principais medios de vida na Costa da Morte e que non hai moito marcaba as relacións sociais da poboación por medio das palilladas.

Os obxectivos da iniciativa foron dous:

Por unha banda dotar aos asistentes dos coñecementos necesarios para a creación, actualización e configuración dun blogue e por outra banda a recuperación da memoria histórica deste colectivo tan presente na nosa bisbarra e a proxección do encaixe na Rede como máximo expoñente da artesanía camariñá.

Os blogs realizados na actividade son:

Rede de Dinamización

Image 

A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información:

Fonte

  • Nota de prensa do dinamizador do concello de Camariñas, Óscar Clapés.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com