Mércores, 19 de novembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A bailar en Corcubión  Correo-e
martes, 03 de junio do 2008

O Pavillón de Corcubión acolle este próximo domingo 15 de xuño a exhibición de baile de salon que cada ano tiña lulgar no de Cee. A directora de Arte e Movemento, escola de baile de salon, Graciela Toba, cóntanos algunhas das actividades que se desenvolverán ao longo do día.

En total haberá uns 270 participantes. Bailarán como sempre algúns dos alumnos da escola, todos eles da Costa da Morte. Son 236 bailaríns de idades entre 4 e 50 anos, 29 nenos practicantes de Taekwondo na modalidade ITF, e 6 rapazas que bailaran danza del vientre e batuka. Ademais cantará Iria París, unha rapaza de 14 anos de Mazaricos.

A organización agarda moito publico, xa que nas últimas edicións sempre acudiron máis de 1.000 persoas. En concreto, o ano pasado asistiron unhas 1.700 persoas.

Todo será nunha tarde de domingo, comezara as 16:30 e ata as 21:00 da noite. A entrada é gratuita para tódolos asistentes. Este certame organízao a escola de baile de salón Arte e Movemento xunto co Concello de Corcubión.

Os bailaríns

Os bailaríns pertencen as escolas deportivas dos concellos de Carnota, Laxe, Santa Comba e Mazaricos. Xunto cos cursos das asociacións seguintes: APA Colexio Nosa Señora do Carme de Fisterra, ANPA Instituto Enseñanza Secundaria de Muxia, APA Colexio San Vicente de Vimianzo, Asociación Cultural Adro de Baio, Asociacion Cultural San Martiño de Rioboo (Cabana). E mais os alumnos que acoden á escola en Cee, a maioria deles de Cee e Corcubion.

Os profesores

Todos eles son alumnos de Juan Carlos Díaz e Graciela Toba, competidores en baile deportivo a nivel nacional e internacional. Actualmente na máxima categoria nacional, e 8º no ranking nacional. A parella ten competido representando a España en varios paises como Alemania, Dinamarca, Inglaterra, Austria, Belgica, Portugal, Francia, Bulgaria e Italia, e non para de formarse e continúa con gañas de seguir competindo a moi alto nivel.

Máis certames

O sábado seguinte, o 21 de xuño haberá I Gran Festival de Baile Multiestilos. Terá lugar tamén no pavillón corcubiones, e durará mañá e tarde. Haberá exhibicións e clases de iniciación de Danza do Vientre, baile de salón, hip-hop ou capoeira. Xa pola noitiña, ás 20:00 a Casa da Cultura acollerá o Gran Festival Exhibición. A entrada é de balde.

Fonte

  • Nota de prensa da directora de Arte e Movemento, escola de baile de salon, Graciela Toba.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com