Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Aldea Madeira comparte saber hostelero  Correo-e
martes, 03 de junio do 2008

O concello de Camariñas e toda a bisbarra sufrimos estes días unha nova desgracia na estrada. O camariñán Miguel Castro Perez, o Venezolano, desprazábase ben cediño na mañá de onte, dende Santa Comba cara Santiago, onde traballaba, cando aínda en Santa Comba, sufría un tráxico adccidente mortal. O concello camariñán e toda a Costa da Morte mostramos as nosas condolencias á familia e achegados.

O Faro da Neria

Este pasado sábado 31 de maio de 2008, o Faro Vilán acollía a inauguración do novo "Centro de Interpretación dos naufraxios, faros e sinais marítmas da Costa da Morte", museo adicado aos naufraxios, faros e sinais marítimas. Seica non foi como moitos camariñáns agardaban esta inauguración, e arredor de 150 persoas, que viñan de Lugo en 3 autobuses para visitar o faro, non puideron pasar porque as máximas autoridades estaban cos pinchos.

Dende a redacción do Diario Camariñán acusan directamente aos directivos vellos da asociación Neria, encarrexada de desenvolver o proxecto, excluindo aos alcaldes de Camariñas e Cee, novos na entidade. Non comprenden dende Camariñas por que se informou de que era unha xornada de portas abertas, e se así´se fixo, como foi posible deixar a 150 persoas na porta. Dende dito diario tamén se preguntan polo presuposto, nada menos que 190.000 euros, nun cartel que vai e que vén. Clarexará Neria estas dúbidas?

Aldea Madeira

O complexo Aldea Madeira, en Camariñas, acolle dende o pasado setembro, unha escola taller de turismo rural onde 40 rapaces de varios puntos da Costa da Morte aprenden especialidades en camareiros, cociñeiros ou animadores turísticos. Os participantes chegan, ademais de Camariñas, dende puntos como Vimianzo, Laxe e Cee, e ata o ano que vén seguirán aprendendo os trucos do bo servizo.

A idea é que os alumnos saian preparados a finais do curso que vén para traballar nun hotel de 4 ou 5 estrelas, ou nun Parador, como o que se vai construir en Muxía, pero que ao contar con xestión privada moita xente pensa que será máis un competidor que un apoio.

O recinto, con 12 chalés de pedra xa está perfectamente acondicionado para acoller hóspedes. Ata 42 prazas entrarían no complexo, que vivirían coma reis da man dos alumnos da escola. O concello quere abrilo ao público canto antes pero a falta de auga e luz impídeno. A forma de xestión é outra das incógnitas do proxecto. O alcalde agarda que a finais de ano, 10 anos despois do inicio do proxecto, a Aldea Madeira poida acoller os seus primeiros clientes.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com