Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Os Grupos de Desenvolvemento Rural  Correo-e
martes, 03 de junio do 2008

Amosamos este texto de Branca Villares por cnsideralo ben indicativo do que significan os novos GDR e a súa filosofía, tentando superar os erros cometidos no pasado e dando unha nova oportunidade ao asociacionismo.

Os Grupos de Desenvolvemento Rural

AGARDER, a Axencia Rural para o Desenvolvemento Rural, vén de difundir con chrlas divulgativas en todos os concellos do país, o novo mecanismo de funcionamento dos GDR ou Grupos de Desenvolvemento Rural, (antigos Grupos de Acción Local, Gal), nos que se aplica a metodoloxía da iniciativa comunitaria LEADER, e que son financiados con fondos europeos, estatais e galegos.

O programa LEADER é tan só un dos 4 eixos do Plan de Desenvovlemento rural 2007-2013 da Consellaría de Medio Rural, mais a nivel de participación social, é o que esperta o noso interese.

Todos temos visto en carteis ou en obras públicas de distintos ámbitos, o distintivo europeo e a palabra LEADER. No imaxinario común está o Sr. Leader, un señor de Bruxelas con barba blanca, acento de fóra e unha grande carteira chea de millóns de euros. Así pois cómpre clarexar, en primeiro lugar, que é iso do LEADER.

O nome vén do acrónimo "Ligazón Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural". É un programa que desde 1991 vén impulsando a Unión Europea para descentralizar parte das políticas de desenvolvemento rural e que pon aos axentes sociais dos territorios como verdadeiros xestores do seu desenvolvemento. Nel, as estratexias defínense a nivel local, foméntase a cooperación e otraballo en rede e prímase a innovación.

Realmente o importante deste programa non é a dotación económica, que tan só supón un 10% do Plan de Desenvolvemento Rural, senón a súa metodoloxía, por supoñer un verdadeiro espazo de participación social. Cabería preguntarse por que non nos sentimos parte activa do programa LEADER se leva actuando en Galiza dende o ano 1991. Se cadra, só interesa que tivesen presenza os axentes públicos (concellos, deputacións, etc) os cales nunca deberon exercer tan grande poder sobre os GAL, e menos ampararse no recorrido lema: "A xente non participou porque non quixo". É probábel que a xente non participara, ben por non saber que tiña dereito, ben por non saber exercer ese dereito. Participar no programa LEADER é algo máis que recibir subvencións. É coñecer e discutir sobre a realidade de cada comarca, sobre cal é a mellor maneira de solucionar cada un os seus problemas.

Unha nova oportunidade para o asociacionismo

Para dar unha nova oportunidade á metodoloxía LEADER, que tan bos resultados ten amosado noutras zonas de Europa (como Irlanda), ou incluso do Estado (como Andalucía, Cantabria, etc), AGADER propón unha nova configuración dos Grupos de Desenvolvemento Rural para a cal os GDR teñen que constiturise de novo. Isto permitirá, por unha banda, aproveitar todo o traballo realizado polos anteriores GAL, e por outra, corrixir as eivas detectadas tales como o exceso de participación institucional, as redes clientelares, ou a mala xestión.

Así, en igualdade de oportunidades, poden participar no GDR todas as asociacións relacionadas co desenvolvemento no seu ámbito (rural), con especial atención ás cooperativas agrarias, ás asociacións de mulleres rurais, ás comunidades de montes veciñais e ás asociacións de mozos e mozas. Ademais destas agrupacións, e de outras moitas, seguirán tendo o seu espazo de representación os concellos ou as deputacións, pero non poderán estar en maioría con respecto ás entidades mencionadas.

Unha vez constituido, o GDR elaborará unha Estratexia de Desenvolvemento comarcal, na que se incluirán as principais posibilidades, oportunidades e necesidades do seu territorio, desde o punto de vista produtivo, económico, dotacional e social. Nesta estratexia, o peso que teñan criterios como a sostibilidade ou a xustiza social depende da participación e opinión de todos e todas nós. Así, desde o GDR promoveranse actividades que supoñan unha posta en valor dos seus recursos naturais e patrimoniais, coma dos seus recursos humanos, habilidades, etc.

Confiemos en que as cousas sexan diferentes nesta nova xeira do LEADER, quedando probada a efectividade dos mecanismos de participación social para xestionar os nosos recursos e resolver os nosos problemas. As asociacions de base temos un reto importante: informarnos e formarnos para consolidar estes espazos rexidos pola democracia participativa, facelos viábeis e perdurábeis no tempo, máis aló dos prazos das axudas europeas. Participarás desde a túa asociación?

  • Branca Villares é vogal do voluntariado de ADEGA, e este artigo foi publiado no boletín número 58 da revista Cerna.

Novas relacionadas

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com