|
A Asociación Universidade Popular de Corcubión non para. Se vén de organizar unha das xornadas máis interesantes do ano, co seu Maio Solidario, que , por certo, non rematou todavia, en tanto que a festa de clausura foi posposta polo mal tempo ata nova orde, agora quere facer público co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente, 5 de xuño, un manifesto medioambiental. A Universidade Popular segue coa sú aidea de promocionar e concienciar nos valores de sensibilidade e sustentabilidade, tanto a nivel global como local i é que como din por aí os máis verdes, "pensa globalmente, actua localmente". Manifesto da Asociación Universidade Popular de Corcubión Facemos un chamamento á sociedade, aos educadores, aos medios de comunicación, aos políticos, organizacións de distintos ámbitos, empresarios… Queremos que intenten buscar e difundir a conciencia e a sensibilidade, tan característica dos habitantes da Costa da Morte e de Galicia, esperamos sensibilidade. Pensamos que este é un bo día para que todo cambie, para que o noso medio ambiente non conviva coa contaminación atmosférica, perda de biodiversidade, deforestación, contaminación de augas e solos, efecto invernadoiro motivado pola destrucción da capa atmosférica… Pedimos con forza, alzando a voz, que a nivel ambiental: - se aplique o Protocolo de Kioto nos prazos que se acordaron,
- se siga de preto as emisións de compostos químicos polas industrias para evitar problemas nos ecositemas, sobre todo o mar, que está a ser o maior perxudicado,
- se apoie a actividade de asociacións que están a protexer o medio como Asociación de Protección do Monte Galego Locus Amoenus, ADEGA, ASOAR-ARMEGA, Verdegaia ou Amigos da Terra, entre outras,
- na vida de cada un, faga o máximo aforro enerxético e material posible, xa que á larga non so o notará o individuo en cuestión, senón que notarémolo todos,
- fomentar as enerxías renovables con criterios de sustentabilidade. Minimizando o seu impacto ambiental e extendendo os seus beneficios á poboación,
- se fomente os famosos 3R (reutilizar, reciclar e recuperar) no fogar, empresa e administracións; así como a compostaxe e reciclaxe de medicamentos,
- se fomente dunha educación ambiental sostible dirixida a toda a cidadanía, sobre todo aos máis pequenos,
- se fomente do bosque autóctono e promocion do noso agro,
- se diminúan as emisións de CO2 á atmosfera por uso indebido de automóbiles, calefaccións…
Imos recuperar a nosa vida, imos ser solidarios e imos comprometernos coa nosa nai, a nai de todos, a Terra!!! Fonte
|