doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A Radio Neria segue crecendo  Correo-e
jueves, 05 de junio do 2008

A radio municipal de Corcubión segue crecendo en contidos e en repercusión. Non só a audiencia aumenta cada día senón que os programas multiplícanse e as iniciativas que promove saen cara adiante. Este é o caso do I concurso de Teatro Lido Radio Neria. Varios colexios da zona entregaron xa os seus traballos, e se ben rematou o prazo, aínda hai unha pequena porta aberta para entregar novos traballos.

Cativos na radio 

Outros colexios non puideron participar do concurso pero non queren quedar sen subir a coñecer o mundo da radio. Así o farán os rapaces do CEIP Praia de Quenxe, que a semana que vén irán pasando pola radio a ler o seu "Conto viaxeiro" e coñecer por dentro como vai isto da radio.

Blog e radio por internet

Xa podedes visitar o novo blog radioneria.blogspot.com. Dende o blog se poden escoitar os programas da radio, e dende o messenger se poden ver os estudios en directo a través da cámara web.

Novo espazo na Radio Neria adicado ás Novas Tecnoloxías e á Sociedade da InformaciónImage

O Concello de Corcubión en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información e a través das súas dinamizadoras nos concellos de Cee, Corcubión e Muros levan a cabo, todos os martes, un novo espazo radiofónico na Radio Neria: Enrédate nas ondas da Costa. Este é un espazo adicado ás novas tecnoloxías, á Sociedade da Información e Internet, ao software libre, etc.

"Enrédate nas ondas da Costa" comezou a súa andaina o pasado 17 de maio, día das Letras Galegas, Día de Internet e Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, e continúa cada martes, a partires das 13:30 horas.

Os obxectivos deste espazo radiofónico son:

  • Promover as novas tecnoloxías e o uso do software libre na poboación en xeral.
  • Promover a Sociedade da Información, achegando os servizos que ofrecen as aulas coas que conta a Rede de Dinamización na Costa da Morte.
  • Difundir a lingua e cultura galegas a través da música e da rede.

Proximamente sumaranse ao proxecto máis persoal dinamizador da Rede de Dinamización da Sociedade da Información: Soraya e Óscar. Que, desde as súas respectivas aulas de Carballo e Camariñas, tratarán de achegarnos as novas máis salientables que se produzan no mundo da Sociedade da Información.

O programa misturará a información sobre novas tecnoloxías coa música de diferentes estilos, feita en Galiza. A través dunha caixa de correo electrónico, poderanse facer as achegas musicais de grupos e solistas que queiran dar a coñecer a súa música en toda a Costa a través da Radio Neria: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver Animamos á xente para que participe na iniciativa.

RDSI

A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información: dinamiza.sociedadedainformacion.eu.

Novo obradoiro

A dinamizadora da vila corcubionesa, Ana María, informa de que está aberto o prazo de inscrición para o segundo obradoiro "Creación dunha conta de correo" na aula de Corcubión, previsto o seu comezo a partir do martes día 10 ata o xoves e en horario de mañá, de 6 horas de duración.

Novas relacionadasImage

Máis información

Fonte

  • Nota de prensa das dinamizadoras da sociedade da información da bisbarra.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com