|
Unha nova entidade súmase á postura en contra da chegada da planta de celulosa da ENCE para a nosa bisbarra. O grupo ecoloxista PX da Ponte do Porto, da man do seu presidente Rafael Lema Mouzo asegura que a celulosa de Pontevedra é unha das industrias mais contaminantes de Europa, un cancro para unha ría e acabará coa promoción turística da comarca. PX apunta ademais unha posible causa estratéxica da proposta do presidente de Neria: crear unha cortina de fume para que non se arme tanto escándalo se se aproba este mes o Plan Acuícola. Nota de prensa do grupo PX Instalación de ENCE e o Plan Acuícola no Día do Medio Abiemte No Día Mundial do Medio Ambiente o grupo ecoloxista PX móstrase contrario á proposta do presidente de Neria e alcalde de Cee, Ramón Vigo Sambade de ofrecer terreos en Cee ou Dumbría para a instalación dunha planta de celulosas de Ence, ante o anunciado traslado desta central da ría de Pontevedra. O grupo ecoloxista PX de Ponte do Porto pide a Neria que se pronuncie no caso de que ese sexa o sentir da permanente. O grupo considera que a comarca non pode ser sede dunha industria altamente contaminante como Ence “que non a queren en Pontevedra e por algo será. No pasado mes de marzo a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra fixo entrega de máis de 6.000 sinaturas contra a concesión da autorización ambiental a esta planta, e ademais hai novas denuncias contra a empresa por novos recheos ilegais, con perigosas cargas de mercurio”. Para PX, a celulosa de Pontevedra é unha das industrias mais contaminantes de Europa, un cancro para unha ría e acabará coa promoción turística da comarca, “e con ideas como a do Consorcio, quen vai vir a Costa da Morte con esto aquí, na contaminada ría de Cee ou en Dumbría, na fin do Camiño. Nós cremos que todo isto é unha burla, unha pantalla de fume para tapar o problema verdadeiro do medio ambiente na zona que é o plan acuícola que este mes vai ser aprobado, esa é a batalla de agora, na que nos temos que centrar xa que o de Ence é outra historia mais, como a do parador, a autovía, os parques industriais e agora o tren das nove”. Fonte - Nota de prensa do PX, da man de Rafael Lema Muzo.
|