Luns, 08 de setembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Non podemos deixar pasar a oportunidade que se nos presenta co Plan Acuícola  Correo-e
jueves, 05 de junio do 2008

É unha das persoas que se dedican á política máis influíntes desta zona. Marisol Soneira, deputada polo PSOE, analiza nesta entrevista diversos temas da actualidade galega e comarcal. Tamén falou sobre o espiñento caso da axente electoral. Ditas declaracións inclúense na páxina de Muxía xunto ás realizadas por Félix Porto. O resto da conversa vese plasmada nas seguintes liñas.

  • As propostas da Xunta para a comarca, como o Consorcio de Turismo ou o Pacto de Emprego, poden mellorala?

A min parécenme moi interesantes. Había iniciativas moi boas, como as impulsadas por Neria, pero bastante dispersas. Esto serve para poñer en común os nosos proxectos e que saian adiante en toda a comarca. A Xunta está apostando forte polo Consorcio e polo Pacto de Emprego. Logo están actuacións que parece que non son tan importantes, pero que están aí, como as de infraestruturas. Estas colócannos como un todo no mapa político de Galicia.

  • Está preto de aprobarse o Plano Acuícola. Vostede foi moi criticada polos colectivos contrarios a el. Cal é a súa postura ao respecto?

Penso que todo o mundo ten dereito a protestar cando se está lexislando en contra dos seus intereses, pero me parece que neste caso houbo moita mala información sobre o tema, incluso con mala intención. Mentiuse acerca da valoración dos terreos. A titularidade non será das empresas, senón da Xunta, que lles fará unha concesión. Esa zona será propiedade de todos os galegos. A creación de emprego vai ser fundamental.

  • Ata que punto?Image

Vanse crear en torno a mil postos de traballo. Isto para unha zona que perde poboación, especialmente xente nova, é importantísimo. Vai ser unha oportunidade para que a xente quede onde naceu e onde quere quedar. É normal que haxa xente que se sinta agraviada, igual que aqueles que van ter que ceder terras polo AVE noutros puntos de Galicia. O Plano Acuícola é un proxecto colectivo dinamizador desta zona. Non podemos deixar pasar esta oportunidade.

  • É certo que Touriño ten moi presente a Costa da Morte?

Ao respecto hai unha anécdota bastante ilustrativa; unha das primeiras chamadas que fixo o presidente da Xunta despois de formar o seu goberno foi a min. Dicíame que tiñamos que organizar unha visita á comarca. Así se fixo en varias ocasións. Empezouse a traballar nun plan estratéxico e as accións empezaron a concretarse: adxudicouse á unha empresa a construción da autovía, iniciouse a residencia de Vimianzo, que vai ser unha revolución laboral para Soneira, etc. Creo que Touriño ten unha certa predilección pola Costa da Morte.

  • Inflúe nisto que haxa varios alcaldes socialistas na comarca?

Indudablemente. Entre Soneira e Fisterra contamos con seis alcaldes de nove posibles. En Bergantiños hai dous e participamos no goberno de Carballo. En termos de poboación dos municipios nos que detentamos o poder, somos a principal forza política. Por algo é. Nas municipais os votantes fan abstración das siglas e optan por dar o seu apoio ás persoas nas que confían. Isto premia o traballo ben feito.

Ademais de crer ferventemente no compromiso da Xunta coa zona, Marisol Soneira é optimista con respecto ás actuacións da Deputación da Coruña: “Ten proxectos moi interesantes para nós. Algúns xa saíron no primeiro mandato de Moreda, pero quedaran parados cos gobernos dos populares. Vai ser moi importante o seu apoio financieiro para as pequenas obras que van mellorar a nosa vida cotiá”.

Soneira ten moita fe nas actuacións das adminstracións autonómica e provincial, ambas gobernadas polo seu partido. Na súa opinión, o PSOE demostrou “ter o desexo e a ambición de dinamizar o conxunto da bisbarra. Tomouse isto moi en serio e todas as súas actuacións forman parte dun plan único para promocionar unha zona ata hai pouco abandonada polos distintos gobernos do PP. Vai haber máis chan industrial e posibilidades de futuro”.

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com