Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Vimianzo remata as actividades invernais  Correo-e
jueves, 05 de junio do 2008

O concello de Vimianzo realizou eset inverno unha morea de actividades cos máis pequenos. Os programas Onde vives 08 e Pequemotricidade contaron este ano con participantes das EEI de Carantoña, Carnés e Cereixo e do CEIP de Castromil. 29 alumnos destes centros participaron dende o mes de novembro en sesións dunha hora de duración desenvolvidas polo técnico de normalización lingüística Xosé Blanco e polos técnicos de deportes Victor Santos e Francisco Oreiro.

A concelleira Nieves Lema valora dunha maneira moi positiva estas actividades coas que se achega o patrimonio do concello e a educación física as escolas de infantil do municipio. Na xornada do pasado 04/06/2008 visitaron o castelo de Vimianzo onde participaron en distintos xogos e, logo de tomar un refrixerio no Centro Social, visitaron o Telecentro no que desfrutaron de varios capítulos de series de debuxos animados.

Image 

Clausura as escolas deportivas e municipais

Ao redor de 250 persoas participaron nas actividades culturais e máis de 600 nas actividades deportivas

O Concello de Vimianzo rematou o mes de maio coa clausura das distintas escolas culturais e deportivas. As actividades desenvolveronse dende o mes de novembro. As escolas culturais consistiron en escolas de palillo, pandeireta, gaita e teatro, talleres de pintura, manualidades, ganchiño, punto de cruz e bordado.

Ata o 21 de xuño poderán ver os traballos realizados na exposición montada nas cristaleiras da piscina municipal. As escolas deportivas consisitiron en actividades de pequemotricidade, bádminton, patinaxe, fútbol, fútbol sala, taewkondo, aerobic, ximnasia de mantemento, tai-chi e xadrez.

A ludoteca municipal, na que participaban frecuentemente ao redor de 15 nenos, xa foi clausurada a semana pasada. Nos vindeiros días a concellaría de Nieves Lema presentará a programación deportiva e cultural para os vindeiros meses.

Máis información

Fonte

  • Nota de prensa de Xosé B. Albores, Técnico de Normalización Lingüística Concello de Vimianzo.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com