|
Fin de semana deportiva en Mazaricos |
Correo-e
|
|
jueves, 05 de junio do 2008 |
|
Mazaricos ten varias citas co deporte esta fin de semana. Así, o sábado día 7 de xuño o departamento de deportes do concello de Mazaricos organiza o I Clinic de Ciclismo. Ao evento acodirá o campión galego de mountain bike, Jesus Carballeiro, a dar unhas charlas e facer xogos e exercicios cos asistentes. As actividades comezarán ás 17:00 na Casa de Cultura de A Picota. Asemade, o domingo os equipos benxamín, alevín e infantil de fútbol sala participan no torneo de “Futbol na Rúa” que terá lugar en Santa Comba. Unha nova e importante cita para a comunidade deportista xalleira será o sábado 14 de xuño á 17:00, cando se celebarrá a Gala de clausura de actividades deportivas e culturales na Casa da Cultura de A Picota. IV Autocross de Mazaricos Este sábado 7 de xuño de 2008 celébrase o IV Campionato Galego de Autocross de Mazaricos. As carreiras desenvolveranse no circuito de autocross de Pino do Val. Os entrenamentos comezarán a partir das 11:00 e as roldas clasificatorias e finais será a partir das 15:30. Organiza Mazaricos Motor Sport e colabora a Federación Galega de Automobilismo. Hai 80 inscripción de toda Galicia e de Portugal, e se agardan entre 3.000 e 4.00 afeccionados nas gradas do circuito, sempre que o tempo o permita. Fonte - Nota de prensa do Dpto. de Deporte de Mazaricos.
- Xallas Publicidade.
|