|
A Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar-Armega), dando continuidade ó proxecto “Limpando as nosas rías”, está a organizar a celebración da V Xornada que terá lugar no porto de Fisterra o vindeiro sábado 7 de xuño. Estas xornadas veñen enmarcadas no proxecto “limpeza das rías galegas”, financiado pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Esta financiación non é íntegra, aportando a entidade os medios humáns e materiais dos que dispón, así como distintas colaboracións doutros organismos, como é neste caso o Concello de Fisterra, Cooperativa de mergulladores do longueirón de Fisterra, Clube de Buceo Finisterre, e o Clube de buceo Neptuno de Ferrol. O obxectivo destas xornadas non é outro que o de retirar a maior cantidade de residuos posibles que están a contaminar o fondo do mar, e ademáis tratar de implicar á sociedade realizando labores de divulgación sobre a contaminación nas rías. A Xornada comezará as 9:00 da mañá no porto de Fisterra, onde se reunirán embarcacións, todas elas asociadas a Asoar con base neste porto, así como os mergulladores e o resto de participantes. As labores de extracción dos residuos prolongaranse ata as 14:00 horas. Os residuos serán trasladados, previo reciclado dos mesmos segundo a súa composición, ás plantas de reciclaxe e tratado de residuos máis cercanas. Xa pola tarde, ás 18:00 horas, terá lugar unha charla-coloquio co título: “Xornadas de limpeza e recuperación do porto de Fisterra” no salón de plenos do Concello, na que se resumirán os traballos realizados pola mañá, coas aportacións dos participantes e coa colaboración de varios representantes de diversos organismos públicos (Consellería de Pesca, CEMMA, …) así como unha exposición do resumo das xornadas realizadas ata o de agora por ASOAR-ARMEGA noutros puntos do litoral galego, coa fin de concienciar á sociedade da necesidade inminente de protexer e cuidar o medio ambiente mariño e o seu entorno. Charlas informativas Asemade, e nesta mesma línea de fomento de concienciación da necesidade de protexer e coidar o noso mar, realizouse onte unha charla informativa sobre das xornadas xa realizadas expoñendo un vídeo no que se recollen o desenrolo das actividades, no C.E.I.P. Praia de Quenxe, e hoxe esta mesma charla e exposición estase a levar a cabo na Ría de Ferrol, dentro das Xornadas de Medioambiente organizadas polo Concello de Fene. O que se pretende con estas charlas é ampliar e divulgar o proxecto que esta entidade esta a levar a cabo fomentando a protección e coidado do medio mariño e o seu entorno e implicar a toda a sociedade, dende os máis pequenos, nesta dificultosa tarefa. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar-Armega).
|