|
O pasado martes 3 de xuño de 2008 celebrábase no concello de Cee unha importante reunión co gallo da formación do Grupo de Desenvolvemento Rural númeor 26, que encadra a 10 concellos das comarcas de Fisterra, Soneira e Bergantiños, ademais de Mazaricos e Carnota. Xa levamos tempo dicindo dende aquí que a filosofía destes grupos parte da xente, das asociacións, e o cambio de denominación de Grupos de Acción Local (GAL) a Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR)é para librarse dos erros dos antigos Leader. Vaia , trátase dunha oportunidade para o asociacionismo. Precisamente un dos erros máis importantes foi a excesiva presenza das institucións públicas nos grupos. Para isto, na nova directiva non pode haber máis membros dos concellos que das asociacións. Pero a reunión do pasado martes deixa unha porta aberta a que as asociacións non participemos na distribución dos últimos fondos europeos LEADER 2007-2013. A xuntanza contaba coa presenza de 5 membros da xunta xestora provisional do GDR que promoven boa parte das asociacións da Costa (Guadalupe Nieto, Alfonso Villar, Jesús Otero, Jesús Elorza e Moncho Gándara); dous alcaldes (Lolo Muíño e Félix Porto) e dous membros da Neria (o novo presidente Ramón Vigo, a vicepresidenta e teniente de alcalde de Carnota, Marisol Piñeiro e, o alcalde de Camariñsa, Manuel Valeriano Alonso, Pichurri). A intención estaba clara. Chegar a un principio de acordo para establecer unha soa candidatura para presentar a Agader. Ao remate, boas novas en teoría, e temos un principio de acordo, de feito que se presenatrá un único grupo e haebr´aunha convocatoria conxunta para asemblea constituinte do GDR. Comisión mixta Acordouse a creación unha comisión mixta. Unha comisión, e aquí é onde comezamos a ver os problemas da perda de representatividade do mundo asociacionista. A comisión estará formada por 2 alcaldes (Lolo Muíño e outro aínda sen confirmar), 2 representantes de Neria (Vigo e Marisol Piñeiro) e 2 membros da actual xunta xestora provisional (tamén por dilucidar). Vemos pois que as asociacións contamos agora cun tercio do poder decisión ata a asemblea constituinte. A comisión será a encarrexada de consensuar o consensuable (o que non decidirase na mesma asemblea constituinte con votación a man alzada entre todas e cada unha das asociacións interesadas en participar do grupo). Entre as negociacións previstas, atopamos o proceso electoral, os propios estatutos e os criterios da constitución. Agardemos que os estatuto finais cumpran as especattivas que a nova filosofía bottom-up, que como ben di a palabra en inglés, o poder parte de abaixo, da xente, das asociacións, para que sexan elas as que creen as inciativas e desenvolvan os proxectos. Novas relacionadas Fonte
|