Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Don Cretino e a grande tarta do Rei  Correo-e
jueves, 05 de junio do 2008

En ocasións a mellor forma de explicar algo esta no modo en se facía nos contos populares e iso é o que vou facer esta vez, queridos nenos e nenas. Vouvos contar un conto o de Don Cretino e as súas cuítas con motivo do cumpreanos do Rei.

Don Cretino era un personaxe moi peculiar. Instruído, preparado en mil artes claras e escuras, foi dende neno moi ben querido na súa casa e envexado polos demais veciños. A natureza non quixo facelo home fermoso, pero dotouno de grande intelixencia e el aproveitouna ata chegar a ser grande cónsul de aquelas terras onde vivía.

Por mor da súa laboura diaria Don Cretino coñecía a moita xente. Estaban Lesmes “O Taberneiro” amigo de grandes lupandadas e festas moitas, Xanpaio, retratista na corte do Rei Don Ladrón e home tamén de grande listeza e escasa fermosura e por suposto Gañapan, o seu leal escudeiro, home corpulento e fiel executor de cantas ordes Don Cretino lle transmitía.

As súas vidas eran tranquilas e sosegadas naquela comarca de homes e mulleres traballadores e honrados pero de escaso espírito critico. Facían e desfacían case a vontade sen que ninguén os vixiase. Ata que chegou aquel fatídico día.

Con motivo do cumpreanos da súa maxestade a comarca decidiu agasallar a este cunha grande tarta. Un postre de tales dimensións, se dixo, que faga escurecer a luz do sol, e que del podan comer tantas persoas coma habitantes teñen estas feras e difíciles terras. O problema foi que, a hora de negociar cal dos panadeiros seria o encargado de elaborar tan magno biscoito, xurdiron as envexas, Ayy¡¡¡ as envexas, e un grupo de reposteiros do norte do lugar decidiron facer a súa propia tarta.

Xanpaio, home taciturno e amigo de tirar proveito de todos os eventos relacionados co Rei foi de inmediato a queixarse a xunto o seu bo amigo Don Cretino “Esto é un ultraxe –dixo- Nunca tal se vira. Si desta vez deixamos pasar esta oportunidade esquece que nunca poidamos tirar mais proveito de ningún outro favor real”.

Don Cretino non o dubidou e puxou publicamente pola tarta. El puxo todo a disposición dos mellores reposteiros, traídos dos catro confíns da comarca. El puxo os ovos, el puxo a fariña e mandou traer o mellor chocolate de ultramar. Ata axudou a bater e a mesturar e despois de moitos esforzos, despois de explotar vilmente os seus veciños que tiveron que ceder parte dos seus propios productos e reservas, logrou o que se propuña. Unha tarta de tales dimensións e tan extraordinario sabor que calquera que a vía se tiraba a ela a incarlle o dente. E era certo, a luz do sol non a penetraba, facía sombra de tan alta coma era.

Pero cando, no mesmo día do cumpreanos da súa maxestade, o real rexente saíu o balcón do seu castelo e viu cal era o presente dos seus súbditos, encabezados por Don Cretino con Xampaio, Lesmes e Gañapan as súas costas este so acertou a dicir...

“Ooo, que lástima, e que... non me gusta o doce”. Don Cretino mudou pálido coma a fariña, cos ollos a piques de saír das súas concas. Mais aínda cando descubría con asombro que, aquel grupo de panadeiros opositor, aqueles polos que se fixera odiar por moitos dos seus veciños, abandonaran facía moito tempo a idea da tarta e ofrecían a súa maxestade unha extraordinaria empanada coa mellor carne de tenreira e unha masa doce e esponxosa.

E colorin, colorado, este conto finou...Don Cretino acabou na ruína e os seus amigos tiveron que dedicarse a traballar, despois de anos ganduleando. Pena que se trate dun conto e de que non saibamos cal será o fin da historia real. Porque esto se basea nun feito real. Ah ¿Non o sabían?

  • José Luis Louzán.

Columas anteriores

Máis información

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com