Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Os nenos da Escola de Educación Infantil de Ameixenda visitaron o concello de Cee  Correo-e
sábado, 07 de junio do 2008

Image

Lucía, Miguel Ángel, Paula Ézara, Paula Pérez, Carmen, María, Diego, Juan Carlos e Irimia pasaron o pasado mércores 5 de xuño de 2008, unha xornada escolar diferente, acompañados pola súa mestra Pili Alves. Foron recibidos na concello de Cee polo alcalde Ramón Vigo e a vicealcaldesa Amancia Trillo e percorreron as distintas dependencias municipais: alcaldía, biblioteca, salón de actos,…; pero sen dúbida onde mellor o pasaron foi no salón de plenos e nas dependencias da policía local, por un anaco xogaron a ser alcaldes e concelleiros e máis tarde a policías e ladróns, manexando as luces e a serea do vehículo policial.

A visita tiña un importante motivo: cada neno recibiu unha mención especial e un agasallo, como resposta dos políticos a unha carta que lles enviaron dándolles a receita para conseguir a Paz e facer un mundo mellor, carta que por certo non enviaron só o concello de Cee, senón tamén ás Presidencias da Xunta e do Goberno Central e incluso ó Parlamento Europeo, recibindo resposta de todos.

Noraboa a estos nove nenos pola súa iniciativa!

Fin da ximnasiaImage

O grupo de ximnasia de mantemento de adultos en Cee, que empezou no mes de outubro, finalizou o pasado xoves 29 de maio de 2008. Esta actividade estivo enmarcada dentro da programación deportiva municipal que a Deleg. de Educación, Cultura e Deporte do Concello de Cee deseñou para o curso 2007-08. Como adoita ser habitual nas actividades comúns do concello, en fin de curso, os participantes celebran unha cea fin de curso.

Último curso de cestería

A Delegación de Benestar Social e Igualdade do Concello de Cee, a cargo da edil Amancia Trillo Lago, xunto coa educadora familiar Eva Lema Alvarellos clausuraron en Lires o último dos cursos de cestería que se estaban levando a cabo polas parroquias.

A participación foi moi grande en todas elas, e a xente estaba moi contenta con este curso por verse quen de facer distintos tipos de cesto: co cu redondo, co cu cuadrado, con asas, un botellero, ... Ademais enseguida encontráronlle un fin para as súas creacións: se unha paneira, se un servilletero, se un costureiro, se un fruteiro, se un macetero, se unha papeleira, ... Todas elas opcións moi válidas, que se caracterizaban por un toque moi “persoal”.

Image 

Fonte

  • Notas de prensa do Concello de Cee.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com