|
Estes días a empresa norueguesa Stolt Sea Farm, propietaria de boa parte das piscifactorías do litoral galego, facía unhas declaracións defendéndose ante o estacamento do convenio colectivo. O presidente da empresa realizaba unhas declaracións nas que culpa directamente aos sindicatos da demora do convenio. Dende a CIG non poideron quedar calados ante a aparición do presidente, e queren ratificar todas as acusacións que veñen realizando dende hai varios meses. A CIG ten presentado unha nova proposta á directiva, na que non se reduzan os dereitos acadados no anterior convenio coa antigüidade, verdadeiro cabalo de batalla entre empresa e traballadores. Entre as probas está o feito de que o presidente non se reuníu nin unha vez co comité de empresa, e dos últimos despedimentos, o que foi á xustiza, foi declarado nulo. Polo de pronto, a bisbarra está empapelada con pancartas, e dende Camariñas ata O Pindo (que vemos na foto), polo menos, pola estrada pódese ler "Convenio Xa!". Noutro eido de cousas, Xabier Santos, responsable da CIG na vila ceense, púñase en contacto con nós para matizar as nosas palabras. Dende aquí, entendéramos trala súa intervención na Radio Nordés que o sindicato non se opoñía á chegada da planta de celulosa á bisbarra. Santos quixo matizar que se trataba dun asunto que a CIG non ten valorado en conxuntoe que non quixo decir que estaban dacordo coa chegada, en tanto que coma sindicato non abordaran o tema. Asi mesmo, quixo matizar que a súa valoración persoal é que a instalación da fábrica de pasta de papel non sería bo para a Costa da Morte Nota de prensa da CIG A semán pasada o PTE. da empresa STOLT SEA FARM ven de facer unha serie de declaracións en distintos medios de comunicación nas que culpa os sindicatos da demora da negociación do convenio. A CIG lamenta o contido das declaracións do PTE. da empresa e o mesmo tempo sorprendese que saía nos medios de comunicación, xa que durante o ano 2007 con máis de 20 reunións de negociación do convenio, a mediación da Directora Xeral de Traballo e unha folga, non se pode tildar esta situación de paralisis, pola contra o Pte. da Empresa, non se reuniu nin unha soa vez co comité de empresa a pesar de solicitarllo en varias ocasións, verbalmente e por escrito, para reconducir a situación tanto no relativo a negociación como a política laboral de acoso e despedimentos. Pretenderon desestabilizar as eleccións sindicais, primeiro despedindo o cabeza de lista da CIG (Despido nulo ratificado polo T.S.X.G.) e logo presentando unha lista de “INDEPENDENTES” con catro membros coas categorías de Técnicos Superiores e Técnicos e con claras responsabilidades na empresa (O Subdirector de mantemento, A Responsable de Hatchery curiosamente o departamento co maior nº de despidos de toda a empresa e donde os traballadores se sinten máis presionados como recoñece a inspección de traballo, O Xefe do departamento de Lenguado e unha Tec. Sup. de Admón. Neste periodo, tamén a empresa foi advertida pola Inspección de Traballo por Vulneración do Dereito a Folga e Reunión así como diversas denuncias a inspección por incumprimentos laborais, todas elas co recoñecemento dos feitos denunciados por parte da Inspección de Traballo. Isto é normalidade ? A CIG segue a reivindicar a negociación do convenio colectivo así como a presión laboral, coa campaña de denuncia e información as Administracións Locais ( reunión cos Alcaldes da semán pasada) e Autonómica, (solicitude de reunión que hoxe mesmo se tramitou a Conselleria de Traballo). Xa que non ten sentido apoiar e potenciar a esta multinacional Noruega, cando os traballadores/as (moitos da comarca) teñen os seus salarios conxelados dende o ano 2006 mentres os directivos cobran suculentas primas e a empresa embolsa millonarios beneficios que non revirten na Comarca. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa de Xabier Santos Canosa, Secretario U.L. CIG-Cee.
|