|
Estes días o alcalde de Cee, Ramón Vigo, anunciaba nos medios varios proxectos urbanísticos, que quere incluir dentro do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Sen incluir unha planta de produción de pasta de papel, Vigo quere incluir a contrución dun campo de golf cunha boa urbanización na zona Armada, se ben a urbanización non pasaría de 600 vivendas. A estas obras ben serias, podíamos sumarlle a a creación da Mariña seca no porto deportivo, encadrado nas instalacións dos estaleiros Sicar, alén daquel Minicoliseo que o alcalde anunciaba para paliar os problemas co actual pavillóns. Ante todas estas posibilidades, dende o BNG de Cee móstranse sorprendidos de non ter coñecemento de ningunha, ao tempo que esixe a elaboración urxente dun PXOM para rematar coa desfeita urbanística contínua que está a sufrir o noso Concello. Na imaxe vemos a vista dende a Armada, por un dos roteiros do Camiño de Santiago e onde se prevé a construción do campo de golf. Nota de prensa do BNG de Cee sobre o PXOM A data de hoxe, venres 7 de xuño de 2008, o BNG de Cee non ten coñecemento oficial de que os traballos de elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) se teñan reanudado. Sabemos que o Concello de Cee solicitou unha subvención da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes para a elaboración do documento de ordenación urbanística, e sabemos que dita subvención está aínda pendente de resolución. Sen embargo, durante os últimos días o goberno local anunciou a súa intención de incluír os Convenios do Campo de Golf e da Sicar no PXOM. Estes proxectos xa foron informados negativamente pola Dirección Xeral de Urbanismo, que é o ente que ten que ratificar o novo documento. O Director Xeral, Ramón Lueje, sinalou que estaba dacordo coa construcción de campos de golf, pero en ningún caso ligados a calquer tipo de urbanización. Entón, que interese ten o goberno en replantexar o tema? Por qué se está a negociar con promotores urbanísticos sen que nin sequera se teña constituída a comisión informativa para a elaboración do PXOM? Renuncia o goberno actual á transparencia en materia urbanística? Non lles gusta ao grupo municpal do PSOE a política urbanística do seu propio partido? Vai cambiar de parecer o Director Xeral segundo quen lle propoña o mesmo tema? Ou simplemente queren facernos perder o tempo?. O PXOM estaba practicamente listo para a súa aprobación inicial a finais do mandato anterior, coas recomendacións suxeridas por urbanismo e o criterio técnico da empresa redactora. Nun ano de goberno renunciouse a rematalo no tempo previsto e pediuse unha nova subvención que o vai adiar cando menos dous anos máis. O BNG de Cee considera urxente a elaboración do Plan para rematar coa desfeita urbanística contínua que está a sufrir o noso Concello e ordenar os desbaraxustes dun sinfin de anos de descontrol e falla de planeamento, que tiveron como consecuencia final as inundacións de outono do 2006. Deixense de velar polos especuladores e miren polos seus cidadáns. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do BNG de Cee, da man do seu voceiro Dani Oca.
|