|

Hoxe voltamos a loita contra o Plan Acuícola, un fenómeno que está revolucionando a rede na Costa. Se xa visitábamos Seiruga e Quilmas, hoxe imos ata Merexo. E iso, neste xuño no que se supón, e así o teñen anunciado dende a consellería de Pesca, vaise aprobar o devandito Plan Acuícola. Xa levan tempo en Merexo en plena guerra. Foi en novembro do pasado 2007, se cadra un pouco antes, cando estoupou a realidade asfáltica. Todo o terreo que hai entre as casas e o mar sería ocupado polas boinas das piscinas de rodaballo. A alarma saltou, a aldea quedaría encerrada entre o monte e o cemento. A calidade de vida disminuiría considerablemente e o que era un verdadeiro paraíso convirtiríase nun inferno. Así, da man do máis activo na loita, Antonio Devesa, e do máis veterano da loita, Manuel Pazos Redonda, de 84 anos, a Plataforma Merexo non se vende non faltou a unha soa das protestas contra o Plan Acuícola que se teñen repetido ao longo dos meses, e que logo das eleccións tomou un respiro. Disque as mobilizacións voltarán se Pesca continúa coa súa idea de aprobar o plan. Así, continúa a loita, e estas bitácoras aínda están vivas. Agardemos que as protestas sexan escoitadas pola Xunta e que o Plan non se leve a cabo nas nosas costas, pero esperemos que iso non remate coa vida destas iniciativas internáuticas. Bitácoras anteriores Fonte
|