|
O recuncho da Costa (XXXIII): O hórreo de Carnota |
Correo-e
|
|
sábado, 07 de junio do 2008 |
 Non imos entrar en polémicas, que xa se sabe que hai moitos xeitos de valorar o tamaño, o dos hórreos vaia. Disque o de Carnota leva a fama mentres que o de Lira é o realmente máis longo, por uns centímetros de nada, iso si. O caso é que estamos a falar duns dous reclamos turísticos máis coñecidos do concello e da bisbarra. Se cadra, a polémica veu ben para promocionalos. O complexo que hai arredor do hórreo de Carnota non ten perda. Ao carón podemos ver un precioso pombal, e un pouco máis aló vemos a Igrexa de Santa Comba, co seu rectoral formando un conxunto arquitectónico espectacular. A Igrexa foi fundada en 1775 sendo unha estrutura bastante barroca ben clásica. A torre do campanario, atribuida ao mestre Carlos Aboy de comezos do século XIX, ten unha altura considerable. Ademais, e se cadra o máis bonito, é que o conxunto ten vida. Varios veciño viven nas casas de detrás do pombal; a igrexa e o cemiterio son un centro de paso para todos os veciños, de xeito que os lugareños serven continuamente de guías para os millerios de turistas que pasan polo conxunto. En breve visitaremos o de Lira, non vaia ser. Novas relacionadas Outros recunchos Vídeos de Francisco Santiago lópez Outros vídeos Fonte - Redacción.
- A imaxe dos pes do hórreo e do pombal son extraídas de Costameiga.com.
|