|
A Festa Solidaria do I Maio Solidario de Corcubión, organizado pola Universidade Popular de Corcubión xunto coa Dirección Xeral de Xuventude e Solidaridade da Xunta de Galicia, que fora suspendida o día 30 de maio por mor das inclemencias metereolóxicas, será celebrada este venres 13 de xuño e correrá a cargo dos grupos Aló Djangó e Os Chiquilicuatres con Pulpiño Viascón. Homenaxe a Rafael Mouzo A asamblea local do BNG de Corcubión está organizando un acto de homenaxe a Rafael Mouzo Lago pola súa laboura coma alcalde da nosa vila durante un cuarto de século. Ainda que neste momento, por motivos de saúde, está retirado da primeira liña, Rafael segue estando na política, participando e apoiando o proxecto do BNG para Corcubión. O grupo do BNG corcubionés quere renderlle unha homenaxe pública en recoñecemento ao seu traballo de tantos anos, traballo que deixou unha importante pegada tanto na nosa vila coma na comarca. Rafael foi, e seguirá sendo, un referente do nacionalismo no noso País. Por eso, neste acto haberá unha grande representación da organización política encabezada polo voceiro nacional do BNG e Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana. Mais neste acto teñen cabida todas aquelas persoas que o desexen ainda que non esteñan ligadas ao BNG. Programación do acto O acto terá lugar o vindeiro 5 de xullo de 2008 e consistirá en: - Acto público na casa da cultura de Corcubión ás 12 da mañán.
- Xantar campestre nunha carpa instalada no campo de San Roque, ás 2 da tarde, o prezo do menú será de 25 € por persoa.
Para asistir ao xantar será imprescindible presentar na carpa uns bonos que estarán á venda ata o día 17. Para máis información chamar ao tlf. 659309784. Nova bitácora Asemade, a agrupación municipal do BNG inicia un blog homenaxe ao exalcalde corcubionés, que non fai, senón aumentar a vida submariña da bisbarra. A bitácora ten o seguinte enderezo: Novas relacionadas Fonte
|