|
A concellaria de Cultura de Cee xa ten argallado este mes. Actividades varias desenvolveranse no concello durante este xuño do 2008, e dende magos, malabaristas ou paiasos, ata os músicos da banda da escola municipal amenizarán este comezo de verán. Para comezar, este venres 13 de xuño e dentro do programa Vai de Camiño da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, tera lugar unha xornada lúdico-festiva na que terá lugar un espectáculo de rúa basado nas técnicas circenses e de malabares. Será a partir das 18.30 horas na Praza da Constitución. A xornada terá o seu broche de ouro cun festival de maxia no que participarán catro dos grandes magos do panorama galego. O espectáculo dará comenzo ás 21.00 horas no Salón de Actos do Concello de Cee. Festival musical O xoves 19 de xuño, a partir das 20 horas, no Salón de Actos do Concello, terá lugar o festival fin de curso dos alumnos da ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA. Unha boa ocasión para ver os progresos realizados por moitos dos rapaces e rapazas que ó longo do ano reciben a súa formación musical na escola ceense. Informamos tamén a aquelas persoas interesadas en inscribirse POR PRIMEIRA VEZ na Escola de Música para o vindeiro curso, QUE XA PODEN REALIZAR A PRE-INSCRICIÓN nas oficinas do Concello, ata o 30 de xuño. Festival do Centro Social A partir do venres 20 e ata o domingo 22 de xuño terá lugar o Festival do Centro Social co seguinte programa: - Venres 20, ás 20.15 horas: Grupo de Teatro do Centro Social: “Mortos de fame” e Grupo de Teatro de Brens: “A voda de Esganarello”.
- Sábado 21, ás 20.45 horas: CORAL DO CENTRO SOCIAL;
Grupo de Teatro do Centro Social: “Mortos de fame”; Grupo de Teatro de Brens: “A voda de Esganarello”. - Domingo 22, ás 20.45 horas: Iº festival folk, coa actuación dos grupos:
- Pandereteiras do Centro Social de Cee; - Pandereteiras do Centro Social de Corcubión; - Grupo de Música e Baile Tradicional do Centro; - Cultural “A Ponte-Vella” de Reis (Teo). Na última semana de xuño terán lugar as representacións teatrais a cargo dos alumnos dos diferentes grupos da Escola Municipal de Teatro. En próximos días informaremos das obras, datas e horarios. Fin da ximnasia para adultos en Pereiriña Se a semana pasada remataban as clases de cestería do concello, esta comezaremos coas clausuras das de ximnasia de mantemento. O pasado 7 de xuño, ás 22.30 horas, as alumnas do grupo de ximnasia para adultos da parroquia de Pereiriña celebraron o fin de curso. Esta actividade foi organizada pola Delegación de Educación, Cultura e Deporte do Concello de Cee dentro da Programación Deportiva Municipal Curso 2007-08 (outubro 07- maio 08). Á cea asistiron unhas 18 persoas, todas elas alumnas da actividade. Viaxe é Expo Zaragoza 2008 Finalmente, o concello quere informar a tódolos rapaces e rapazas de 10 a 14 anos que está aberto, ata o 20 de xuño, o prazo para apuntarse á viaxe á EXPO ZARAGOZA 2008. este programa da Deputación Provincial ten reservadas 7 prazas para rapaces do noso Concello. A viaxe terá lugar do 21 ó 25 de xullo. Para apuntarse, hai que dirixirse á Delegación de Educación, Cultura e Deporte do Concello de Cee ou chamar ó 981.745.100. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da Delegación de Educación, Cultura e Deporte do Concello de Cee da man de Víctor Castiñeira e de Manolo Calo.
|