Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Aprende a coidar dos teus maiores en Muxía  Correo-e
lunes, 09 de junio do 2008

Muxía acolle un novo curso. Este será de "Iniciación ó coidado de persoas maiores", e desenvolveráse ao longo de todo o mes de xuño. O curso está organizado pola Concellería de Servicios Sociais e coordinado dende a área de Educación Familiar da mesma. A programación deste curso, que virá aparecendio semana tras semana, responde ao coñecemento que esta concellería ten da enorme cantidade de persoas maiores que hai no noso concello e da necesidae de coidados que presentan. Tamén se quere dotar ao coidador/a das ferramentas adecuadas para atender a estas persoas.

Progama para esta semana do 9 ao 13 dexuño

  • Luns 9 de xuño: A enfermidade de Alzheimer:
    Correspondente ao módulo 6, serán 2 horas con Carmen Mouzo (médica) de ponente. Comezará ás 17:00 (o horario é o mesmo para todos os módulos);
  • Martes 10 de xuño: Como mellorar a comunicación coa persoa necesitada, da man de Soledad Agra (psicóloga);
  • Mércores 11 de xuño: Prevención de riscos no fogar, con José Canosa (psicólogo e educador familiar);
  • Xoves 12 de xuño: Prevención de enfermidade na 3ª idade: alimentación, hipertensión, exercicio físico..., con Carmen Mouzo;
  • Venres 13 de xuño: Mobilidade, prevención de caídas e accidentes, con Montserrat Cendán (diplomada en enfermería).

A semana que ven amosaremos o programa da seguinte semana. As persoas que non están inscritas no curso pero que teñan interese por algún módulo en concreto poden informarse no teléfono do concello 981 74 20 01, falando coa concelleira de servizos sociais ou co educador familiar.

Fonte

  • Nota de prensa da Concellería de Servicios Sociais Concello de Muxía, da man de Viki Ribadulla.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com