|
As mulleres da ximnasia para adultos de Brens despiden o curso cunha cea |
Correo-e
|
|
martes, 10 de junio do 2008 |
 Estas semanas andamos de ceas de clausura. Alo menos en Cee. Primeiro foron as mulleres (ata 60 por un só home) das clases de cestería de Lires, Brens e Cee, ou Ameixenda e Pereiriña. Esta semana está pasando o mesmo coas mulleres (disque os homes irán ao bar) da ximnasia de mantemento para adultos, como foi coas de Pereiriña. Hoxe marchamos a Brens, onde unha vintena de alumnas do grupo de ximnasia para adultos da parroquia gozaron dunha merecida despedida do curso cunha cea o pasado sábado 7 no Hotel Restaurante Insua de Cee. Esta actividade (do mesmo xeito que no resto de parroquias) levou a cabo durante 8 meses (outubro 2007-30 maio 2008) e foi promovida e organizada pola Delegación de Educación, Cultura e Deporte do Concello de Cee dentro da Programación Deportiva. Municipal Curso 2007-08. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do Dpto. de Deportes do Concello de Cee, da man de Manuel Calo.
|