|
Os cativos da galescola de Ponteceso visitan a granxa de Langueirón para coñecer o teu entorno |
Correo-e
|
|
martes, 10 de junio do 2008 |
  Os cativos da galescola de Ponteceso visitaban o pasado xoves 5 de xuño, a Granxa de Langueirón. A excursión realizábase xa que os pequenos están traballando no proxecto “Unha viaxe polo noso Concello”, co ánimo de que as crianzas coñezan o seu entorno máis próximo. Dentro deste encantador proxecto hai previstas varias actividades e visitas, e esta primeira, coa vacas como compañeiras resultou moi instructiva e divertida para pequenos e maiores. Clausura das escolas deportivas O pasado venres 6 de xuño, clausuráronse as escolas deportivas do Concello de Ponteceso. O Pavillón Municipal de Corme acolliu exhibicións de patín, ximnasia rítmica, judo e a actuación do Mago Mimo Anyo. A xornada rematou coa organización de distintos xogos nos que participaron a totalidade dos nenos e nenas asistentes. Houbo agasallos e refrescos para tódolos inscritos nas distintas escolas deportivas. Organizou o Concello de Ponteceso, a través do Departamento de Deportes da Concellaría de Turismo e Deportes. Fonte
|