|
Exhibición teatral dos nenos artista de Ponteceso |
Correo-e
|
|
miércoles, 11 de junio do 2008 |
|

O local da Asociación Cultural Río Anllons acollerá mañá xoves 12 de xuño a "Exhibicion das escolas de teatro do Concello de Ponteceso". O acto, que comezará as 19:00 e prolongarase ata ás 20:30, acolle a 45 nenas e nenos de entre 3 e 10 anos de todo Concello (Ponteceso, Corme, Campara e Pazos) que participarán neste peche do curso da Escola de Teatro Municipal. Xa botamos onte unha ollada ás clausuras das escolas deportivas, alén da visita dos máis cativos á granxa de Langueirón. Así, as clases van rematando e as festas de despedida repítense por toda a bisbarra. Fonte
|