Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Aló Djangó e Os Chiquilicuatres amenizarán a Festa Solidaria de Corcubión  Correo-e
miércoles, 11 de junio do 2008

A Asociación Universidade Popular de Corcubión, informa da celebración, o vindeiro venres 13 de xuño, da Festa Solidaria suspendida hai dúas semanas por mor da choiva. Esta festa está integrada dentro do I Maio Solidario de Corcubión, organizado pola Universidade Popular de Corcubión xunto coa Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, nela colabora tamén o Concello de Corcubión.

A I Festa Solidaria correrá, pois, a cargo dos grupos Aló Djangó e Os Chiquilicuatres e dará comezo as 21:30.

Aló Djangó

O que nun comezo naceu como un concerto-cabaret centrado nas guitarras de swing e as súas figuras, Aló Djangó converteuse nun grupo taller que quere resucitar ese jazz que se bailaba e cantaba nas pistas de baile. Todo cun claro sabor de homenaxe a un dos grandes da música, Django Reindhart. Aquí podemos velos en concerto.

Os Chiquilicuatres

Os Chiquilicuatres nace como proxecto musical, motor e medio de transporte para tres músicos na procura de formación e contacto con outras culturas. Nas súas viaxes é onde se desenvolve o seu crecemento, e polo tanto onde se mesturan os camiños da súa música.

Os Chiquilicuatres vístense co que levan posto e arróupanse co que atopan no camiño, buscando outras xentes con quen falar. A música como linguaxe universal, como única lingua que non precisa da violencia pra se comunicar. Unha mestura de ritmos e melodías que parten de Galicia e percorren diferentes lugares na procura da festa.

Máis información

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com