|
Xa temos cartel para a XVI Festa do Percebe do Roncudo 2008 |
Correo-e
|
|
miércoles, 11 de junio do 2008 |
|

Xa sabemos que será o vindeiro 12 de xullo do 2008, cando os mellores percebes do mundo (e que non se enfaden ninguén) saltarán polas mesas de Corme. Xa apuntabamos a semana pasada que este ano, a XVI Festa do Percebe cambiou de filosofía e pasa a centrarse máis nos mariscadores. Así se ve reflexado no mesmo cartel, que se presentaba estes días, que presenta un ano de reminiscencia, pretendendo “facela como era a festa antiga”, que sinala o novo patrón maior, Manuel Cousillas. A festa servirá ademais para recadar fondos para recuperar as maltreitas arcas da confraría cormelá, que leva un ano de película de terror. Entre as actuacións atopamos a orquestra Almirantes, ou a "El Parga", o do "baile del tío pío”. Ademais haberá unha pulpeira do Carballiño e o pregoeiro será Jacinto Parga, o do presidente de Portos de Galicia. Novo blog da XVI Festa do Percebe do Roncudo Mesmo unha bitácora se creou para a ocasión. A organización acaba de abrir a Festa do percebe, bitácora onde se poden ver as novidades deste ano. Máis información Novas relacionadas Fonte
|