|
Xa cheira por Carnota ás laradas de San Xoán |
Correo-e
|
|
miércoles, 11 de junio do 2008 |
|
Xa se albiscan , xa se olen. As cacharelas, cacheiras, fogueiras, lumaradas, ou laradas de San Xoán xa comezan a queimar, polo menos, por Carnota. A tenente de alcalde, Marisol Piñeiro, informa de que o pasado xoves 5 de xuño de 2008, abríase o prazo para presentar solicitude de permiso para facer as laradas de San Xoán. O prazo remata este venres 13 de xuño. Xuntanza co alcalde Por outra parte, o hoxe mércores 11 de xuño celebraráse a segunda reunión que o Concello está a realizar cos veciños das cinco parroquias carnotás para explicar os proxectos que se están a levar a cabo en cada localidade. Será en San Mamede, e celebrarase no salón de actos da escola de música do Viso, ás 20.30 horas. A primeira reunión celebrouse hai unhas semanas no Pindo, cando os membros da alcaldía explicaron aos veciños asistentes a situación de proxectos como o saneamento da parroquia ou o paseo marítimo. Fonte
|