doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A ASOAR-ARMEGA avanza na creación da Mesa Global e Conxunta da Baixura Galega  Correo-e
miércoles, 11 de junio do 2008
Image

Falabamos con Luis Rodríguez, o tesoureiro da Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (ASOAR-ARMEGA), para preguntarlle polas V Xornadas "Limpando as nosas rías" que tiveron lugar en Fisterra e para saber como estaban as negociacións en torno á creación urxente da Mesa Global e Conxunta da Baixura Galega, que a propia asociación propuña esta pasada semana.

Mesa Global e Conxunta da Baixura GalegaImage

O pasado luns 9 de xuño de 2008, a ASOAR-ARMEGA mantiña unha reunión na que participaron os sindicatos UGT, CIG e CCOO, con varias confrarías e asociacións. As reaccións foron moi positivas dende todos os puntos e a iniciativa segue sumando adeptos, entre os que se pretenda que esté a Federación Galega de Confrarías.

De feito, está prevista para hoxe mesmo, mércores 11 de xuño de 2008, unha nova xuntanza na que se agrada a presenza da federación e doutra morea de confrarías. Na reunión seguirase afrontando a creación da Mesa contando con todos os estamentos integrados no sector pesqueiro, e pretende ir achegando posturas para que, ao remate da semana, se celebre unha reunión coas administracións.

Limpeza en Fisterra

Xa en faena, a asociación proseguíu este pasado sábado 7 de xuño de 2008, coas limpezas das rías galegas. Se a semana pasada foran 25 as toneladas recollidas no peirao de Corcubión, esta vez non superaron as 14, pero a organización e os voluntarios atopáronse con varias dificultades, xa que o mar estaba bastante turbio, e deu moito traballo, mesmo os mergulladores tiñan que ir ás apalpadas.

Asemade, recolleuse de todo. Un contedor, 8 tubos de plástico de 12 metros de lonxitude que ben podería ser do despezamento do Casón, e ata unha moto. Con todo isto,os voluntarios que ateigaban o peirao de Fisterra e que case chegaron á centena, ían separando, coas axudas das grúas, o lixo por materiais, para que logo os camións os levasen por contedores ao punto lilmpo.

Todos estes artefactos levaban xa moito tempo na ría e esta é unha pista que deixa unha porta aberta á esperanza. Como sinala Luis Rodríguez, ata hai tempo o lixo tirábase nos ríos e no mar sen coidado ningún, e isto fai que o atopado sexa un cúmulo de moitos anos.

O 30% do lixo é do sector pesqueiroImage

Unha das conclusións máis importantes que están a sacar de todas estas xornadas de limpeza é a procedencia do lixo recollido. Segundo os datos recollidos pola ASOAR-ARMEGA, tan só o 30% do lixo colleitado provén do sector pesqueiro. E digo tan só porque as suposicións iniciais dende a propia ASOAR e dende moitos outros sectores do litoral galego (ben é certo que dende aquí tamén), pensábase que a meirande parte de todo este lixo proviña da vida no mar.

Unha agradable sorpresa por un lado, pero triste polo outro, por suposto. De onde sae logo tanto lixo?

Documentais

Se á ASOAR non lle chega con estas xornadas de limpeza polas rías galegas e as de concienciación polas escolas do país, a asociación embárcase noutro proxecto: a creación dun par de documentais.

O primeiro reflexaría os traballos e as anécdotas das xornadas "Limpando as nosas rías" mentres que o segundo sería sobre as especies mariñas do noso litoral. Este pretendería achegar o mundo mariño animal e vexetal á poboación, que malia ter tan presente o mar nas nosas vidas, non coñecemos realmente quen habita por aí embaixo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com