 Unha visita moi especial recibía onte, martes 10 de xuño de 2008, a Radio Neria, a radio municipal de Corcubión. Uns 30 nenos do Colexio Praia de Quenxe de Corcubión visitaban as instalacións para coñecer o mundo radiofónico dende dentro. Para a maioría era a primeira vez que visitaba o medio e nas súas caras podíase ver a ledicia que lle causaba saír polas ondas. Nerviosos e alborotados andiveron durante toda a mañá, pero isto non fixo máis que darlle un tono de suspense á encantadora xornada. Primeriamente, dous grupos de primaria entraban ben cediño para comezar cunha grabación moi especial. I é que os rapaces de primaria da escola fixeron un traballo conxunto moi peculiar: "O conto viaxeiro". Deste xeito pasarán todos pola radio lendo, un por un, o cachiño que eles mesmos escribiron, para logo xuntalo todo nun mesmo programa que se emitirá, probablemente, o sábado 21 de xuño, cando xa teñan pasado todos os nenos. A imaxe de arriba coresponde a lectura dunhaparte do conto. Os de infantil Os 20 máis pequenos da escola tamén pasaron onte polas rúa da Viña, e mesmo participaban en directo do programa "Matinal da Costa", con Juanma Buiturón. Nerviosos como nunca, os cativos pasaron todos xuntos pola pecera para contar unha poesía de Xosé M. Álvarez Blázquez, uns trabalinguas e un par de adiviñanzas. Logo, falaron un pouco con Juanma, quen lles preguntaba polo cole e sobre que querían ser de maiores, por exemplo. Mamá foi a resposta máis repetida pero había dende médicos ata artistas en potencia. Vaia, pasárono de medo, e que a iniciativa serviu como experiencia vital que de seguro serve de moito máis que un par de horas lectivas. Ademais xa teñen unha historia que contar na casa, ao "abuelo Lin "por exemplo. Nas dúas fotos da dereita podemos ver as peqeuniños de infantil, coa profe Carmen na de abaixo. I Concurso de Teatro Lido en galego da Radio Neria Xa foron presentados os traballos do I Concurso de Teatro Lido en galego da Radio Neria. A semana pasada os colexios Manuela Rial de Cee e Os Muíños de Muxía facian entrega dos guións que os seus alumnos realizaban nesta atarefada recta final de curso. Xa estamos a argallar unha xuntanza para dilucidar os gañadores e unhas datas para que os rapaces pasen pola radio a representar os seus guións. Agardamos poder retransmitir as obras e grabar uns vídeos coas representacións, que logo da experiencia destes días, de seguro que é ben divertida. Con todo, a organización, na que tamén participa esta redacción, decatouse da mala época na que se lanzou o certame. De seguro que para o ano que vén o concurso farasen unha época máis relaxada, onda os rapaces e os profesores lle poidan dedicar un pouco máis de tempo á elaboración das obras. Radio Neria na internet Xa sabedes que a Radio Neria xa está na rede. Radioneria.blosgpot.com é o enderezo da bitácora que coida o polivalente Juanma Buiturón, o responsable da emisora. A bitácora vai collendo pouco a pouco cor, e coa axuda dos voluntarios e das dinamizadoras da Rede de Dinamización agárdase que siga evolucionando. Ademais, podedes mirar os acontementos en directo e o que pasa minuto a minuto na pecera da radio coa web cam se agregades ao voso messenger o seguinte correo electrónico:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Ai estaban grabando Javi Turnes e o seu amigo Rafa o programa "Pensar e soar", que como cada mércores, hoxe soará nas ondas dende ás 23:00 no 107.8 da FM. Os que puidemos velos en directo tocando e falando temos unha gañas locas de escoitalos esta noite, ao igual que os que estaban conectados á rede no mesmo momento, dende Tenerife e outros puntos do estado. A radio por internet aínda non se pode escoitar en directo, pero os programas vanse incluindo na grella e van soando a posteriori. Sen ir máis lonxe, o Matinal da Costa que presenta o propio Juanma, e que sae en directo ás 12:00 da mañá, emítese na rede ás 24:00 cada noite. Novas relacionadas Fonte
|