Xa coñecen a oleada de roubo que ocorreron estas últimas polo concello de Ponteceso. Non anda ninguén de todo tranquilo e para iso está a forza da lei. Así, a Asociación de Veciños Eduar, a Confraría de Pescadores, o Clube de Xubilados, o Clube Náutico, o Concello e tamén algún afectado polos roubos, mantiveron unha reunión hoxe ás 17.00h, nas oficinas municipais con membros da Garda Civil de Bergantiños. Nesta reunión a Garda Civil comprometeuse a aumentar a seguridade con efectivos no pobo e o Concello a poñer un avogado para os afectados. A Garda Civil pide a colaboración de todos os veciños e veciñas neste tema, sen tomarse a xustiza pola man. Os colectivos poideron expoñerlle a preocupación que existe no pobo con motivo dos continuos roubos acontecidos nos últimos meses. 14 prazas de socorrista Mediante resolución da alcaldía 133/2008 do 10 de Xuño, iníciase o expediente para contratar 14 socorristas nas praias do noso término municipal. O prazo de solicitudes é de 5 días hábiles a partir de mañá 13 de Xuño (ata o 19 de Xuño incluído). Para descargar instancia de inscrición no proceso de selección e tamén consultar as bases podedes acceder a www.ponteceso.net. Obras en Brantuas O Concello de Ponteceso segue levando a cabo melloras nos viais do noso termo municipal. Esta semana estanse levando a cabo melloras nos viais da parroquia de Brantuas. Concretamente, estase asfaltando e mellorando a recollida de augas pluviais no lugar dos "Ánxeles". O importe destas melloras alcanza os 50.000 euros e corren a cargo do Concello de Ponteceso. Fonte
|