|
Somos do clube da galega, por fuciños, por cacheiras, somos do clube da galega, oink, oink!!. Canto temos cantado esta entrada, a entrada do programa, que cada tarde, unha boa xeira de xeracións de pequenos galegos, crecían máis da man da telegaita que do Barrio Sésamo. Pois encantados estaremos de ir relembrar esas notas, e encantados estarán os cativos que aínda crecen co Xabarín máis animado do país. Así, o espectáculo Infantil “Xabarín” estará o vindeiro venres 20 de xuño ás 22:00 no peirao fisterrán. III Festa da Xuventude, San Xoan 2008 Para o sábado 21, a partir das 24:00, a praia da Langosteira convertirase nunha rave. A discoteca móbil funcionará durante toda a noite e non faltará o chiringuito das hamburguesas e os refrescos. Excursión a recoller auga Para a noite máxica de San Xoan, a do día 23, o concello argalla unha excursión para o cativos. Todos e todas están invitados a recoller a auga das sete fontes para a noite. A saída, será dende o concello ás 15:30 h e á volta, os cativos poderán disfrutar dunha merecida merenda. Fonte
|