Luns, 08 de setembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Cee terá un verán acuático  Correo-e
jueves, 12 de junio do 2008

Xa temos a nosa disposición as actividades deportivas que o concello de Cee levará a cabo durante este verán do 2008. O departamento de deportes da Delegación Municipal de Educación, Cultura e Deporte, que dirixe Jesús Garea, presentaba onte, mércores 11 de xuño de 2008, a Programación Deportiva Municipal "Verán 2008·.

Trátase dun amplo e variado programa de actividades lúdico-deportivas onde as ”estrela” son as relacionadas co ámbito náutico-deportivo e ao aire libre, potenciando a vela, o piragüismo... Na realización e diseño da programación intentouse ofertar actividades, cursos, xornadas, etc. que foran dirixidas a toda a poboación. Estas serán as actividades:

  • ACTIVIDADES MULTIDEPORTIVAS INFANTÍS (23 e 31 xuño e 14 e 28 xullo): haberá baloncesto 3x3, tenis... para nenos de 8 a 14 anos.Image
  • ACTIVIDADES LÚDICO-DEPORTVAS NAS PARROQUIAS DE BRENS e AMEIXENDA (25 xuño e 2, 9, 16, 23 e 30 xullo). Os cativos de entre 5 e 14 anos xogarán nos pavillón de Bren e na pista de Ameixenda entre ás 11:00 e a 13:00.
  • DÍA DA BICICLETA (domingo 29 de xuño); todo concello está invitado a participar. A saída realizarase ás 11:00 e o paseo xixloturista rematará con agasallos para todos.
  • XORNADAS DE XOGOS POPULARES NA PRAIA DA CONCHA (27 de xuño, e 4 e 8 de xullo); para nenos de 6 a 14 anos.
  • CAMPAMENTO DEPORTIVO “CALVO SOTELO” DEPUTACIÓN CEE VERÁN 2008 (do 6 ao 12 de xullo); hai 7 prazas para nenos de 9 a 13 anos, que irán á Coruña a gozar dunha variada oferta de disciplinas deportivas coo glof, vela tenis, voleipraia.... Acota é de 85 e as inscricións hai que realizalas hoxe, 12 de xuño, como último día.
  • CURSO DE VELA LIXEIRA (do 7 ao 11 de xullo); está destinado aos cativos de 8 a 14 anos; as actividades desenvolveranse na praia da Concha polas mañás e o prazo de inscrición remata o martes 1 de xullo (16 euros de cota).
  • I DÍA DO DEPORTE ALTERNATIVO (sábado 12 de xullo); con minifútbol, ultimate, skatch-ball... para toda a poboación no paseo Pepe Sanchez ao longo de todo o día.
  • CURSO DE PIRAGÜISMO-KAYAK MAR (do 21 ao 24 de xullo); para rpaces de 8 a 16 anos; na praia da Concha. A cota é de 15 euros e a inscrición hai que cubrila antes do xoves 17 de xuño.
  • CLÍNIC DE CICLISMO (sábado 26 de xullo); toda a poboación poderá aprender sobre as técnicas de condución, reparación, normas de circulación, alén de practicar os novos coñecementos nun circuito. Haberá tamén un sorteo de material ciclista.
  • CAMPUS DE FÚTBOL DEPUTACIÓN CEE VERÁN 2008 (do 13 ao 19 de xullo). Os nenos de 9 a 13 anos poden participar neste curso que se desenvolverá nas instalacións da Torre, na Coruña e en A Cea da Ma (Culleredo). A inscrciión é e 75 euros e o prazo remata o venres 19 de xuño.

Inscricións

A inscrición para todas as actividades (agás o curso de vela, o campus de fútbol da deputación, o curso de piragüismo e o campamento de Calvo Sotelo da Coruña que remata hoxe o prazo) é de balde e hai que apuntarse na Delegación de Educación, Cultura e Deporte do concello ou ben chamando ao 981 745 100.

Fonte

  • Nota de prensa do Dpto. de Deportes do Concello de Cee, da man de Manolo Calo.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com