Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O colectivo Norte-Sur continúa a súa actividade en Nicaragua  Correo-e
jueves, 12 de junio do 2008

Non hai moito tempo falábamos nestas páxinas do traballo humanitario da organización Norte-Sur. Este colectivo con base na Costa da Morte -concretamente na Casa Vasca de Barizo- está logrando que moitos rapaces e ancianos da cidade nicaragüense de Ocotal melloren as súas condicións de vida. Alí reside Francisco Pombo, máis coñecido por Paco d’Amalia, un cormelán que decidiu hai cinco anos coñecer de primeira man a realidade daquel país e axudar ao desenvolvemento dun dos seus barrios. É o presidente de Norte-Sur. Paco regresou hai uns días a Galicia. Pasará aquí dous meses para “recargar baterías”. Visitou o xornal e deixou as súas impresións sobre a situación actual do país onde naceu recentemente o seu fillo, ao que chama Paquiño.Image

“Levo cinco anos vivindo en Ocotal e fixen esta viaxe de volta porque me sentía baixo de ánimos despois de tantos problemas”, recoñece Pombo. “Nicaragua vive unha situación crítica. Hai fame e pobreza. O panorama político tampouco axuda”, explica antes de comentar o que ten conseguido Norte-Sur co esforzo de todos os seus socios: “Construímos no barrio de Pueblos Unidos, en Ocotal, un comedor infantil para 400 nenos, outro para 50 ancianos, unha gardería e tres aulas de preescolar destinadas a 104 cativos”.

Francisco Pombo sabe que a realidade “é difícil” en toda Centroamérica, mais pensa que Nicaragua está sendo particularmente “castigada”, sobre todo polos Estados Unidos: “É un pobo moi politizado e existe un bloqueo non declarado dende que gañou as eleccións o Frente Sandinista. Ao final sempre o pagan os mesmos: a xente de a pé”. A pesar do pesimismo, Paco d’Amalia valora o seu propio traballo e o dos seus compañeiros, a pesar de “non ter axudas institucionais”. “Só podemos actuar nun barrio, pero, alomenos, logramos que alí desaparecese a desnutrición e que os nenos estean escolarizados”, di, antes de volver á destacar o complicado presente: “Cando falamos de crise en España non pensamos que alí hai moita máis. Todos os bens de primeira necesidade subiron dunha maneira esaxerada”.

Pombo tamén é bastante crítico co que fan na zona outras ONG’s con máis potencial económico: “Hai unha especie de burguesía que controla o que chega e os cartos vanse. Nós deixamos claro que ninguén cobra e o diñeiro chega íntegro a quen o necesita”.

Tampouco axudan moito ao desenvolvemento de Nicaragua os problemas culturais e relixiosos: “Existe unha grave desintegración da familia. As rapazas empezan a ter fillos con 15 anos e aos 25 xa son vellas e rexeitadas polos homes. Non se usan anticonceptivos e as mulleres quedan soas para coidar os nenos. Nós só podemos ofrecerlles a posibilidade de que teñan unha educación”.Image

O día 21, cea en Corme

A Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme propúxolle a Norte-Sur organizar unha cea o vindeiro 21 de xuño, sábado. O presidente da organización, Francisco Pombo, como cormelán de nacemento, está moi satisfeito co apoio. O acto celebrarase no restaurante Miramar da localidade pontecesá. A intención e seguir promocionando a labor deste colectivo solidario.

Non teño pensado regresar

A pesar das malas épocas, Francisco Pombo afirma ter a súa vida en Nicaragua e descarta volver a Galicia para quedarse. “Non quero perder contacto con ningún dos dous lugares e síntome galego como o que máis. Estou seguro de que seguirei chorando cando escoite unha gaita, pero a miña vida está en Nicaragua. Nunca se sabe o que pode pasar, mais alí teño á muller e alí naceu o meu fillo, Paquiño”. Con todo, Paco d’Amelia pensa volver facer de vez en cando viaxes como o destas semanas.

Novas relacionadas

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com