Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Feira do Pan de Ponteceso  Correo-e
jueves, 12 de junio do 2008

ImageA I Feira do Pan de Ponteceso celebrarase o vindeiro día 21. A Festa será o acto inaugural do que vai ser a nova Feira da Trabe, que engalalanará o concello durante todos os sábados dende o vindeiro. A festa está encadrada nas actividades paralelas que a Asociación de Empresarios de Ponteceso, xunto con membros dos tres grupos políticos, están a organizar.

A feira contará inicialmente con 60 postos, de textil, calzado, quincalla, complementos, artesanía, antigüidades, peixe, froita, polos asados, churros,... ademáis dos stands que o día 21 ocuparán os panadeiros da comarca, exhibindo, ofrecendo degustacións gratuítas, e vendendo os seus produtos: pan, empanada, boroa, tortas, roscas, biscoitos... Se isto fora pouco, a polbeira do Carballiño andará pora alí i é que poucas delicias poden aproveitar mellor o pan.

Pinchos de balde nos bares

Os bares de Ponteceso, sumándose tamén ao rexurdir da Feira da Trabe, ofrecerán aos seus clientes cada sábado pinchos gratuitos, sendo o prato elexido para este 1º día de feira, o rei dos pinchos: os callos. Así da gusto, porque cando toda o concello se une para algo, sae ben seguro.

Apoios

A meirande parte do concello apoia fervientemente esta inciativa. Ollando os comentarios que saen no Blog sobre o Concello de Ponteceso podemos ver como a maioría da xente está coa iniciativa e que se mostra optimista de cara ao desenvolvemento da mesma. Hai xente que se cadra pensa que tódolos sábados son moitos, ou que a feira do recheo da Ponte do Porto vai verse perxudicado, pero a nota xeral considera que todos os sábados mellor que case todos. Logo en Cee ou en Laxe non se fan tódalas semanas?

A posición do comercio está clara. De feito, a A.E.P. ten realizado unha enquisa polo concello, e as conclusións son bastantes significativas: dos 78 comercios, 75 estiveron a favor da feira.

O bo de todo isto é que a xente decátase de que unidos gañaremos todos. Cando o miraremos así no conxunto da bisbarra?

Fonte e máis información

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com