|
Gracias ao gran traballo do Gabinete de Normalización Lingüística do Concello de Vimianzo, imos poder amosarlle os traballos gañadores da colleita de saber popular desenvolvida en dito concello. Esta encantadora iniciativa estivo artellada polo propio Gabinete e polos Equipos de Normalización Lingüística dos CEIP San Vicenzo de Vimianzo, Baiñas, A Ponte do Porto e Labarta Pose de Baio e dos IES Maximino Romero Lema de Baio e Terra de Soneira. Para irmos amosando os traballos, dende a propia bitácora (que xa foi protagonista da nosa sección semanal adicada aos blogs da Costa), e dende este diario, comezamos polo traballo gañador da Categoría A (primeiro e segundo de primaria) presentado por Claudia Santos Castro do CEIP Labarta Pose de Baio. Trátanse dunhas cantigas recollidas no lugar de Bamiro, un 30 de abril de 2008, cando Susana Castro e a señora Gumersinda compartían o seu saber con Claudia para a súa perviviencia e para o noso deleite. Aí van as cantigas: Bos día señor cura! véñolle preguntar por facer tres casamentos Canto me vai cobrar? Por un sonlle trinta pesos e polos tres son noventa si son os tres xuntos rebaixareille da conta. Pois claro que son os tres xuntos! eos tres no mesmo día, caso eu, e casa a neta e tamén me casa a filla! Na miña vida tal vin, desde que son sacedote tres casamentos nunha casa Debe ser sinal de norte! Non lle é sinal de norte élle una cousa real encontrámoslle tres burros e querémolos aparellar! O raposo está berrando no alto de Camariñas que lle leven os zapatos que lle pican as espiñas. Pasei a ponte de baio paseina de madrugada eque lle eu quería ben aínda quedaba na cama. Novas relacionadas Máis infomación Fonte - Nota de Xosé B. Alborés, Técnico de Normalización Lingüística Concello de Vimianzo.
|