|
O Concello de Camariñas vén de publicar a súa programación de actividades culturais e deportivas para este verán do 2008, nos meses de xullo e agosto. Todas as actividades son de balde, os menores terán que ser apuntados por unha persoa adulta e para que as actividades se leven a cabo esíxese un mínimo de 10 alumnos. A VI Xoldra Enxebre, os venres espectaculares da biblioteca, actuacións da Escola Municipal de Baile Galego e de danza ou cinema na rúa están entre as acividades máis salientables para este verán. Venres Espectacular Esta actividade desenvolverase na Biblioteca Municipal de Camariñas, cada venres ás 11:30 e está dirixido a nenos e nenas de 3 a 9 anos: - Venres 4 de xullo: Contacontos de libros contentos, por títeres Cachirulo.
- Venres 11 de xullo: Concerto interactivo Cantas Cordas, por Ancestral Servicios Musicais.
- Venres 1 de agosto: Contos das estacións, por Conta e Canta.
- Venres 8 de agosto: O pallaso globador Tuly Pan.
- Venres 22 de agosto: Historia de títeres El sereno y el diablo, por Marionetas Trécola;
- Venres 29 de agosto: Concerto didáctico de violín por Federico Álvarez Pérez.
Escola Municipal de Baile Galego A Escola realizará as seguintes actuacións: - Festival Ponte do Porto: 29 xuño, ás 18:00h.
- Festival Festas do Carme: 17 xullo.
- Festival Día da Patria Galega de Xaviña: 25 xullo, ás 17:00h.
- Festival Folk de Camelle ás 21:30h.: 1 agosto, ás 21:30h.
- Festival Caldo de Riola: 19 de xullo, ás 20:00h.
- Festival Xaviña: 15 agosto.
Danza Dirixido a nenos de 4 a 8 anos (ballet, baile galego, xogos de música e danza…). - Camelle: martes, de 10:40 a 11:30h na Casa do Alemán.
- Xaviña: xoves, de 10:40 a 11:30h no teleclub.
- A Ponte do Porto: martes de 12:00 a 12:50h no Centro Cultural.
- Camariñas: xoves, de 12:00 a 12:50h na Casa de Pedra.
Ensaios de Danza de Arcos: Para rapaces e rapazas a partir dos 13 anos que queiran pertencer a unha Danza de Arcos xuvenil e mixta. Serán os xoves de 13:00 a 13:50h na Casa de Pedra Taller de Fotografía tradicional/ revelado en branco e negro Para nenos de 7 a 16 anos, que pdoerán aprender do uso da cámara e revelados en Branco e negro en dúas quendas, grupos reducidos. - Camariñas: venres, de 10:30 a 12:00h e de 12:30 a 14:00h.
Aula aberta de fotografía Para aqueles que foron alumnos da Escola Municipal de Fotografía, que xa saben revelar en B/N e que queren revelar carretes ou fotografías - Camariñas: luns, de16:00 a 18:30h.
Danzas do Mundo Tamén haberá dous grupos, un Xuvenil (de 8 a 16 anos) e outro para adultos (+16 anos). - Camelle (xuvenil): luns, de 19:00 a 19:50h, na Casa do Alemán.
- Camelle (adultos): luns, de 20:00 a 20:50h, na Casa do Alemán.
- Xaviña (xuvenil): mércores, de 18:00 a 18:50h., no teleclub.
- Xaviña (adultos): mércores, de 19:00 a 19:50h., no teleclub.
- A Ponte do Porto (xuvenil): martes, de 13:00 a 13:50h., no Centro Cultural.
- A Ponte do Porto (adultos): luns, de 21:10 a 22: 00, no Centro Cultural.
- Camariñas (xuvenil): mércores, de 20:00 a 20:50h., na Casa de Pedra.
- Camariñas (adultos): mércores, de 21:10 a 22:00h., na Casa de Pedra
VI Xoldra Enxebre A noite do 24 de xullo será moi especial. A VI XOLDRA ENXEBRE comezará ças 23:00h e será un Festival de música e comedia galegas, da que se podedestacar a participación de coñecidos músicos e de artistas da Costa da Morte. - 23:00 Grupo folk "Mediaducia" (Malpica)
- 00:00 Humorista "Oswaldo" (1ª parte)
- 00:30 Grupo folk "sen confirmar"
- 01:30 Oswaldo (2ª parte)
- Gran Queimada
- 02:00 Grupo folk-rock "sen confirmar"
- 03:00 Dj Frisco (Formula Hits)
Festa da praia no Día da Patria Galega O 25 de xullo, o DÍA DA PATRIA GALEGA. O concello organiza un Festival folclórico onde se xuntan grupos de gaita e baile de distintos lugares e onde as nenas e nenos do Concello nos amosan o que aprenderon nas escolas municipais de gaita e baile. Este é o programa para a Festa da Praia 2008: - 11:00 Charanga "O Vendaval" (Fisterra)
- 13:00 Misa solemne
- Coro parroquial de Xaviña
- 13:30 Coro Municipal de Camariñas
- 14:00 Sardiñada
- 14:30 Banda de gaitas "Os Castros de Ames"
- 15:00 Xogos infantís na praia
- 15:30 Charanga "O Vendaval" (Fisterra)
- 16:30 Actuación de baile "Os Castros de Ames"
- 17:30 Regueifeiros de Galicia
- 18:30 Grupo de gaitas Abrindo Rejo
- 18:45 Escola Municipal de gaita de Camariñas
- 19:15 Agrupación Folclórica Municipal de Camariñas
Cinema na rúa Outra encantadora actividade ao aire libre, co gusto que dá mirar unha película na rúa... Será durante o mes de agosto, a partir das 22:30h, e se chove, nos centros culturais de cada parroquia. - Brañas Verdes: 1 e 4 de agosto.
- Santa Mariña: 5 e 6 de agosto.
- A Ponte do Porto: 7, 8 e 11 de agosto.
- Camelle: 12, 13 e 14 de agosto.
- Camariñas: 18, 19, 20, 21, 22 e 25 de agosto.
- Xaviña: 26 e 27 de agosto.
- Arou: 28, 29 de agosto e 1 de setembro.
Fonte
|