Luns, 08 de setembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Na procura de saber popular  Correo-e
viernes, 13 de junio do 2008

Contabamos estes días as marabillas que a os rapaces de Vimianzo colleitaban tras falar coas súas máis e avoas, na recollida de saber popular que artella o Gabinete de Normalización Lingüística do Concello de Vimianzo. A idea é tan positiva que vaise expandido pola bisbarra, e agora son os activos membros da Asociación "Universidade Popular escola de Verao de Corcubión" os que queren facer este traballo pero un pouco máis ao sur.

Deste xeito, calquera cantiga, rima ou o que sexa, que ande pola memoria, podedes poñervos en contacto cos membros da organización ou ben polo correo electrónico Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver Ala, a preguntar aos máis vellos.

Nota da Universidade Popular escola de Verao de CorcubiónImage

Estamos á procura de cantigas populares que todos e todas mantemos na memoria e que empregamos en xuntanzas familiares, cos amigos, de festa… Referímonos ao saber popular que cada un e unha de nos temos na nosa memoria e que proximamente coa vosa axuda podermos ter entre as nosas mans...

Dentro do amplo abano de cantigas que cada un pode aportar atopamos por exemplo "A tus pies...","A Rianxeira", "Din que van a poñer ferrocarril a Fisterra...", "miudiño,miudiño...",etc. Seguro que algún de vos somentes sabe unha estrofa, un parágrafo ou incluso un título; non teñades reparo en enviarnolo ao correo, xa que entre todos e todas seguro que conseguimos ir completando as cantigas. Recordade que podedes enviarnolo ao correo: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ou ben entregalo en man a calqueira membro da Xunta Directiva.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com