Mércores, 19 de novembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A Plataforma de Quilmas denuncia á Stolt por un novo vertido de mateira orgánica  Correo-e
viernes, 13 de junio do 2008

Image

A Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas notaba estas últimas semanas unha cousa máis ou menos extraña: non había gaivotas remoloneando pola praia de Corna Becerra, onde sae o tubo de desaugue da piscifactoría de Quilmas e onde as aves sempre están poñéndose as botas coa materia orgánica que emite a granxa. Pois onte, cara ás 20:50, os veciños logo de notar a presencia de novo das aves acodía a ver que era o que pasaba.

A zona estaba completamente chea de graxa de penso, un penso un pouco máis pequeniño que o atopado e denunciado o pasado 1 de marzo de 2008, pero de igual repercusión para o medio ambiente. A Plataforma non o dubida e hoxe mesmo vai denunciar os feitos perante Augas de Galicia por continuar vertendo ilegalmente.

Descontento coa administración

O voceiro da Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas e de Adega Costa da Morte, Xosé Manuel Casais, asegura que está totalmente descontento coa administración, xa que en vez de castigar as continuas irregularidades, ten pensado premiar coa legalización dos vertidos, que son totalmente para o medio ambiente e para o patrimonio natural de Quilmas. Cabe lembrar que a empresa norueguesa acaba de solicitar o permiso de vertidos para Quilmas e Lira 15 anos despois da súa instalación

Dende Quilmas non entenden a desidia das administracións con este asunto, xa que por exemplo, aínda non sabe nada daquela denuncia do 1 de marzo, e xa teñen pasado dous meses para ter os anáslises ben rematados.

Curso de agricultura ecolóxica

O vindeiro luns 23 de xuño dará comezo o interesante curso que organiza a Cooperativa de Plantacion Comunitaria de Terra Raíña Lupa con Adega-Costa da Morte. Terá lugar no local da Plataforma de Quilmas e a primeira clase se impartira o luns 23 ás 17:00.

O curso está aberto a toda a poboación da bisbarra, non só do concello de Carnota, e a inscrición pode facerse chamando ao 687 531 513.

Compostaxe caseira

Image

Onte, xoves 12 de xuño, o local da asociación de Adega Costa da Morte e da Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas, acollía unha actividade teórico-práctica de compostaxe caseira. A actividade estará organizada por Adega-Costa da Morte, trouxo á profesosa Desireé para realizar unha demostración de como se constrúe un composteiro e para ver como se produce un bo compost. Image

Ás charlas acodiron unhas 25 persoas de todo o concello, que quedaron encantadas co proxecto e xa andan na casa coa malla de ferro galvanizado intentando montar o composteiro, para a base de materia orgánica ter un compost limpo e barato en uns 6 meses.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com